{"id":5526,"date":"2016-05-02T06:00:16","date_gmt":"2016-05-02T06:00:16","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5526"},"modified":"2016-05-01T19:07:44","modified_gmt":"2016-05-01T19:07:44","slug":"un-asasino-felizmente-casado-de-fidel-vidal-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5526","title":{"rendered":"Un asasino felizmente casado, de Fidel Vidal"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/fidelvidal.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-5207\" alt=\"fidelvidal\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/fidelvidal-186x300.jpg\" width=\"186\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/fidelvidal-186x300.jpg 186w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/fidelvidal-635x1024.jpg 635w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/fidelvidal-900x1449.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/02\/fidelvidal.jpg 1034w\" sizes=\"(max-width: 186px) 100vw, 186px\" \/><\/a>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0<\/strong><\/em>Magn\u00edfica, das mellores e m\u00e1is ricas en contidos das lidas en moito tempo, esta historia interior. Un argumento bifocal enleado por sensaci\u00f3ns, concepci\u00f3ns, pensamentos dominados polo emocional, para elaborar con eles o espazo, o tempo e a acci\u00f3n dunha novela que Fidel configura cos seus compo\u00f1entes m\u00e1is abstractos: os sentimentos e os estados de \u00e1nimo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">D\u00faas persoas, Amador e Marta, debullan mentalmente cadanseu caer, doer ou desafogar (como prefire dicir o propio Fidel, na contracapa) do episodio tr\u00e1xico ao que os trouxo a vida; mais dun episodio que non \u00e9 s\u00f3 ese intre, sen\u00f3n a chave dunha porta que leva aos complexos espazos onde se mesturan a personalidade e as s\u00faas interacci\u00f3ns<!--more-->: individuo, familia, entorno social, laboral, etc., esculcados no amor, a enfermidade e a morte coma na tr\u00edada axial e definitoria do existir.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Amador Mosqueira, mestura de ser autodestrutivo e doente ed\u00edpico -\u201c\u2026<i>Se eu desexase con todas as forzas a morte do meu pai<\/i> \u2026\u201d (Pax. 11)-, sofre unha crise emocional e cat\u00e1rtica de ra\u00edz m\u00faltiple. Olla o mundo dende embaixo, dende enriba, dende dentro. Renega do seu aspecto, dos seus eidos sociais, do seu propio convencionalismo. Ten pesadelos e recorrencias dunha nenez que entre bota de menos e rexeita, fillo que se matina non desexado, alomenos pola nai, que quer\u00eda unha nena, hipocondr\u00edaco, carente, apesarado e alucinado -\u201c\u2026<i>Unha l\u00e1mpada colgada mesmo enriba de min converteuse nunha bolboreta xigante, esta voou en picado, agarroume polos sobrazos e sacoume f\u00f3ra do recinto por unha das vidreiras da \u00e1bsida<\/i>\u2026\u201d (Pax. 105)-, quere saber quen \u00e9, en que se enganou, e mestura o seu mon\u00f3logo cun azo on\u00edrico (elemento psicoanal\u00edtico da primeira vaga) polo que a dor\/resentimento se nos vai revelando coma eixo existencial dunha personalidade atormentada.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/fidel-vidal2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-5529\" alt=\"fidel vidal2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/fidel-vidal2-219x300.jpg\" width=\"219\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/fidel-vidal2-219x300.jpg 219w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/fidel-vidal2.jpg 316w\" sizes=\"(max-width: 219px) 100vw, 219px\" \/><\/a>Marta, pola s\u00faa banda, comeza coa referencia directa ao suceso que propicia as d\u00faas introspecci\u00f3ns -a morte de Paula- explic\u00e1ndonos como Amador a borrou da s\u00faa consciencia. Fai del o f\u00edo condutor do seu relato, basculando por igual entre o convivir coa sensaci\u00f3n de culpabilidade, ser outra proxecci\u00f3n do estado de Amador e describir a figura de Paula antes, durante e tras a s\u00faa morte (dende onde \u00e9 unha presenza recorrente), de maneira que en Marta, quizais, tam\u00e9n nos prop\u00f3n Fidel a figura da nai, coma expo\u00f1ente da outra forma da declinaci\u00f3n\/catarse, da dor xestionada e consciente, exposta con crueza -\u201c\u2026<i>A m\u00e9dica desalmada non me permitiu darlle unha derradeira aperta \u00e1 mi\u00f1a filla<\/i>\u2026\u201d (Pax. 179) e sucesivamente irresoluta ou concatenada.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A idea que particularmente a novela me deixou \u00e9 a dunha exploraci\u00f3n literaria do \u201ctrauma\u201d. O trauma coma o tema na s\u00faa dupla acepci\u00f3n: a freudiana (ese Nilo afectivo da personalidade) e a postcognitivista (a reacci\u00f3n reflexiva ao suceso impactante), ambas as d\u00faas coma decantadoras do comportamento e incluso, segundo esta \u00faltima, \u00e1 inversa: o estado ps\u00edquico coma determinante das reacci\u00f3ns f\u00edsicas do organismo. \u201c\u2026 <i>Influir\u00edan na desgraza<\/i> -o cancro- <i>as presi\u00f3ns \u00e1s que a somet\u00edn para seguir adiante nos estudos?&#8230; <\/i>(Pax. 223).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Mais dentro do tema amplo, tam\u00e9n ao conflito ed\u00edpico, latente en todo momento con Amador, par\u00e9ceme que Fidel lle concede un peso definitivo (\u00edntegramente as pasaxes sexta e s\u00e9tima est\u00e1n dedicadas a el, ademais do abrupto inicio do libro) en relaci\u00f3n coa construci\u00f3n da personalidade do personaxe e da s\u00faa posta en contraste co de Marta, nunha sorte de consideraci\u00f3n literaria do concepto central que tam\u00e9n \u00e9 na teor\u00eda freudiana.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A estrutura do libro \u00e9 a dun d\u00edptico, unha simetr\u00eda asim\u00e9trica que polo cariz tampouco me resisto a ver coma unha emulaci\u00f3n literaria ou inspiraci\u00f3n na imaxe Roschach, na que a primeira folla (Amador) coas s\u00faas trinta e unha pasaxes e as vinte e unha da segunda (Marta), son as gallas sobre as que se reconstr\u00faen as d\u00faas caracterizaci\u00f3ns tras o duro acontecemento que propicia a reconstruci\u00f3n. Polo tanto tam\u00e9n no tocante \u00e1 estrutura me parece unha proposta, instintiva ou premeditadamente, coidada e destacable.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/fidal-vidal3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-5530\" alt=\"fidal vidal3\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/fidal-vidal3-300x221.jpg\" width=\"300\" height=\"221\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/fidal-vidal3-300x221.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/fidal-vidal3.jpg 316w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>O texto \u00e9 moi rico, dotado de varios rexistros diferentes e de continuos xogos de palabras e ret\u00f3ricas -\u201c\u2026 <i>ao me ver enteiro, un ver me, un verme<\/i> \u2026\u201d (Pax. 25), \u201c\u2026 <i>lento voo de lavandeira. Lavandeira, de lavar bandeiras e mans<\/i>\u2026\u201d (que magn\u00edfica iron\u00eda agochada a\u00ed) (Pax.40), \u201c\u2026<i>Amor, amador, mor e morte, amadorte<\/i>\u2026\u201d (Pax. 53), e outros, coma nunha afloraci\u00f3n do modo de traballo do pensamento, da linguaxe do pensamento, na orde do relato, que en moitos casos constit\u00faen aut\u00e9nticos destellos -espero que Fidel me permita a expresi\u00f3n- psicoasociativos -\u201c\u2026<i>as\u00ed deliberaba en silencio nas mi\u00f1as concentraci\u00f3ns, nos meus campos de concentraci\u00f3n<\/i>\u2026\u201d (Pax. 29)-; fermosas ant\u00edteses vestidas de aliteraci\u00f3n, coma en \u201c<i>O inferno do inverno era o fr\u00edo<\/i>\u201d (Pax. 39); fin\u00edsimos toques dun humor relativista e pouco habitual -\u201c\u2026 <i>con identidade propia, rexistrado no libro de familia e posteriormente con documento nacional de identidade<\/i>\u2026\u201d (Pax. 26)-; e imaxes que nos traen recordos ou variaci\u00f3ns doutros notables momentos novel\u00edsticos, alg\u00fans relacionados co mesmo tema, sen que as semellanzas vaian m\u00e1is al\u00f3, coma no caso da matanza do cocho (cap\u00edtulo s\u00e9timo de Amador) e a dos roxelos n`<i>O<\/i> <i>silencio dos cordeiros<\/i> de Thomas Harris.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Deixareino a\u00ed, coma as catro p\u00f3las dun denso mato estil\u00edstico, pero non quixera rematar sen destacar un par\u00e1grafo no libro, polo ilustrativo que \u00e9 desta procura do estilo; un par\u00e1grafo no que Fidel semella inserir algo da pescuda autorial na pel do personaxe. \u201c<i>As\u00ed o meu traballo literario, fragmentario, de poemas sen estrutura, de versos a cachos, plumas espalladas de aves mortas, sen xeito, e cando me prodigo en profundidades, afogo. Ent\u00f3n rexeito a escrita toda.\u201d <\/i>(Pax. 54). Nel, danos tres cousas: unha, o algo que sempre hai do propio autor no texto, a\u00ednda que nada se corresponda co biogr\u00e1fico; outra, a reflexi\u00f3n sobre o propio exercicio da literatura, sobre a s\u00faa funci\u00f3n, a\u00ednda que sexa a trav\u00e9s da personax\u00edstica m\u00e1scara grega (Fidel estar\u00eda un pouco na metaliteratura, na supraliteratura ou na filosof\u00eda literaria); e a terceira, a explicaci\u00f3n estil\u00edstica que nos informa un pouco sobre o que o texto \u00e9 formalmente (escrita de intenci\u00f3n po\u00e9tica, instintiva, crebada, etc.).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Obra fin\u00edsima, dotada de elegantes complexidades, claramente distinta e, polo tanto, claramente destacable, atrevereime a dicir que nesta novela de Fidel Vidal, <i>Un asasino felizmente casado<\/i>, temos non s\u00f3 un expo\u00f1ente m\u00e1is da s\u00faa importante obra de expresi\u00f3n e pensamento, sen\u00f3n que teremos a fortuna de contar con ela coma un dos libros m\u00e1is senlleiros nos andeis da Memoria Barbantia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0Magn\u00edfica, das mellores e m\u00e1is ricas en contidos das lidas en moito tempo, esta historia interior. Un argumento bifocal enleado por sensaci\u00f3ns, concepci\u00f3ns, pensamentos dominados polo emocional, para elaborar con eles o espazo, o tempo e a acci\u00f3n dunha novela que Fidel configura cos seus compo\u00f1entes m\u00e1is abstractos: os sentimentos e os estados de &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5526\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Un asasino felizmente casado, de Fidel Vidal<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[56,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5526"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5526"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5526\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5531,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5526\/revisions\/5531"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5526"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5526"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5526"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}