{"id":5563,"date":"2016-05-03T06:00:44","date_gmt":"2016-05-03T06:00:44","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5563"},"modified":"2016-05-02T07:36:16","modified_gmt":"2016-05-02T07:36:16","slug":"hillsborough","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5563","title":{"rendered":"Hillsborough"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/The-Sun-001.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-5565\" alt=\"The Sun\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/The-Sun-001-234x300.jpg\" width=\"234\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/The-Sun-001-234x300.jpg 234w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/The-Sun-001.jpg 702w\" sizes=\"(max-width: 234px) 100vw, 234px\" \/><\/a>Gonzalo Trasbach.\u00a0<\/strong><\/em>Acabo de ler nun xornal que un tribunal ingl\u00e9s ditou sentencia a favor das familias das v\u00edtimas e declarou culpable de homicidio involuntario ao corpo de polic\u00eda que actuou no incidente que ocorreu no campo de Hillsborough, en Sheffield (Inglaterra). Temos que subli\u00f1ar que a referencia a tal decisi\u00f3n dun tribunal de xustiza estaba contida nun simple breve. Haber\u00eda que ir \u00e1 hemeroteca para ver o espazo que ent\u00f3n se lle dedicou a un suceso tan grave. Sen mirar, case me atrevo a dicir que seguramente os medio se despacharon a gusto cos afeccionados, especialmente cos do Liverpool, que xa de antem\u00e1n estaban estigmatizados. <!--more-->Isto \u00e9 o que se chama medir a todos coa mesma vara. C\u00f3idenos o demo de caer nas s\u00faas garras!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tense comentado que a polic\u00eda brit\u00e1nica cumpre moitas funci\u00f3ns. Unha delas, supo\u00f1o que coma todas as demais, \u00e9 a de protexer os cidad\u00e1ns e perseguir os criminais. A falta das actitudes necesarias para levar a cabo esas obrigas desencadearon a cat\u00e1strofe na bancada do campo de f\u00fatbol de Hillsborough o 15 de abril de 1989. \u00c9 dicir: cinco anos despois da tristemente c\u00e9lebre batalla de Orgreave, onde a polic\u00eda de Yorkshire do Sur loitou contra os mineiros para achandarlle o cami\u00f1o de xeito definitivo ao neoliberalismo de Margaret Thatcher, 94 afeccionados do Liverpool (dous m\u00e1is faleceron despois \u00e1 causa das feridas) morreron esmagados no estadio de Sheffield, mentres o seu equipo fac\u00eda o saque inicial da semifinal da copa inglesa contra o Nothingham Forest. Ademais da dor polos seus mortos, os familiares top\u00e1ronse con outro trauma: unha conspiraci\u00f3n que organizou a polic\u00eda de Yorkshire do Sur contra os seus parentes mortos e contra os superviventes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0<a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Hillsborough1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-5566\" alt=\"Hillsborough1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Hillsborough1-300x182.jpg\" width=\"300\" height=\"182\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Hillsborough1-300x182.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Hillsborough1.jpg 600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a> \u00a0\u201cUnha noite de inferno e tormento\u201d, cualificou Margaret Thatcher aquela mort\u00edfera e afastada \u00a0xornada. A Dama de Ferro, trala ascensi\u00f3n ao poder en 1979, decidiu subir os soldos da polic\u00eda un 45%, pese a que aos demais traballadores do sector p\u00fablico lles estaban aplicando recortes nas s\u00faas n\u00f3minas. Por que? Porque sab\u00eda que precisaba da polic\u00eda para librar as s\u00faas batallas, de xeito especial contra o basti\u00f3n principal da resistencia aos seus plans: os sindicatos mineiros. As\u00ed obtivo a s\u00faa recompensa na folga mineira de 1984-85, na cal o seu goberno empregou a polic\u00eda como ariete pol\u00edtico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">No enfrontamento de Orgreave de 1984, un dos monumentos m\u00e1is amargos de todo un ano enteiro de loitas, axentes da polic\u00eda a cabalo atacaron a porradas e mallaron nos piquetes de mineiros que rodeaban unha f\u00e1brica de coque. Os intentos posteriores para procesar xudicialmente os piquetes fracasaron, e a polic\u00eda de Yorkshire do Sur pagou m\u00e1is de medio mill\u00f3n de libras en concepto de indemnizaci\u00f3ns e custos procesuais. Tres d\u00e9cadas despois, a mesma polic\u00eda compareceu diante da Comisi\u00f3n Independente de Queixas da Polic\u00eda para defenderse das acusaci\u00f3ns de perxurio, obstruci\u00f3n \u00e1 xustiza e agresi\u00f3ns en Orgreave. A polic\u00eda estaba acusada de inventar probas e de montar unha tapadeira. O mesmo que ocorreu en Hillsborough, cando a forza policial xa estaba moi preparada para sa\u00edr \u00e1 caza do \u201cinimigo interior\u201d do sistema, consigna que derivou nunha cultura policial da brutalidade por enriba de todos os dereitos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Vinte e tres\u00a0 anos despois do desastre, o Comit\u00e9 Independente de Hillsborough ratificou o que tanto os superviventes coma os parentes das v\u00edtimas sab\u00edan dende o principio: os afeccionados non tiveron ningunha responsabilidade na cat\u00e1strofe. A culpa foi, en gran medida, da polic\u00eda. Catro anos m\u00e1is tarde un tribunal de xustiza acaba de ratificar tal decisi\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Hillsborough2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-5567\" alt=\"Hillsborough2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Hillsborough2-300x199.jpg\" width=\"300\" height=\"199\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Hillsborough2-300x199.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Hillsborough2-1024x681.jpg 1024w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/Hillsborough2-900x599.jpg 900w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>A imaxe de horda perigosa que ti\u00f1an os seguidores do Liverpool\u00a0 motivou a resposta policial \u00e1 calamidade que estaba sucedendo. Pero ent\u00f3n prevalec\u00eda a actitude de que &lt;os afeccionados ao f\u00fatbol eran basicamente lixo, vasoira&gt;. Os fans do Liverpool non eran culpables de nada. Non obstante, a polic\u00eda non ti\u00f1a intenci\u00f3n algunha de asumir a responsabilidade e, de feito, iniciou unha campa\u00f1a para desviar a culpa coa finalidade de fomentar a versi\u00f3n de que o acontecido era responsabilidade dos afeccionados borrachos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A\u00ednda as\u00ed, o que marcou o momento m\u00e1is baixo e depravado da conspiraci\u00f3n de Hillsborough foron as mentiras que lles venderon aos medios de comunicaci\u00f3n os altos mandos da polic\u00eda e os representantes do goberno conservador nese intre, unhas falsidades que logo se publicaron de modo vergo\u00f1ento e sen ningunha vontade cr\u00edtica. As calumnias contra os afeccionados traumatizados eran acept\u00e1beis sempre e cando non se nomease a ningu\u00e9n. A\u00ednda que me alegro do final desta turbia e turbulenta historia, que est\u00e1 moi ben explicada e documentada en <i>El stablisment<\/i> (Owen Jones), pregunto: Sabemos a d\u00eda de hoxe o nome do autor ou dos autores da morte dun afeccionado do Deportivo en Madrid? Cando toman o caf\u00e9 pola ma\u00f1\u00e1 lendo un xornal, este ch\u00e9iralles a algo? E a que?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Gonzalo Trasbach.\u00a0Acabo de ler nun xornal que un tribunal ingl\u00e9s ditou sentencia a favor das familias das v\u00edtimas e declarou culpable de homicidio involuntario ao corpo de polic\u00eda que actuou no incidente que ocorreu no campo de Hillsborough, en Sheffield (Inglaterra). Temos que subli\u00f1ar que a referencia a tal decisi\u00f3n dun tribunal de xustiza estaba &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5563\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Hillsborough<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,18],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5563"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5563"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5563\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5568,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5563\/revisions\/5568"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5563"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5563"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5563"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}