{"id":5739,"date":"2016-05-30T06:00:39","date_gmt":"2016-05-30T06:00:39","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5739"},"modified":"2016-05-24T07:41:09","modified_gmt":"2016-05-24T07:41:09","slug":"meu-fillo-sera-xeneral","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5739","title":{"rendered":"Meu fillo ser\u00e1 xeneral"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/xeneral1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-5740\" alt=\"xeneral1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/xeneral1-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/xeneral1-300x225.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/xeneral1.jpg 480w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>Como titor de 2\u00ba de Bacharelato, escrib\u00edn estas palabras para o acto de entrega de orlas no IES F\u00e9lix Muriel de Rianxo<b>: &#8220;<\/b>Cada vez que escoito a frase <i>Escolle unha carreira con sa\u00edda<\/i> recordo algo que contaba un periodista catal\u00e1n que na I Guerra Mundial tivo que ir desde Par\u00eds \u00e1 fronte de batalla. A medida que se acercaba diminu\u00edan os graos. A residencia do xefe supremo estaba moito m\u00e1is cerca de Par\u00eds que das trincheiras. <!--more-->Logo vi\u00f1an os xenerais (completamente afastados do perigo), coroneis, comandantes, capit\u00e1ns, oficiais menores e suboficiais. E finalmente, o simple soldado, o pobre m\u00e1rtir que o ignoraba todo, ag\u00e1s o seu deber de morrer sen razoar nin protestar, cando os xefes propios ou inimigos, desde os seus tranquilos despachos, decid\u00edan sobre un mapa cantas granadas descargar. Cando os vosos pais din <i>Escolle unha carreira con sa\u00edda <\/i>est\u00e1n pensando en afastarvos o m\u00e1is posible das trincheiras laborais, cada d\u00eda m\u00e1is duras. Non os critiquedes. Nunha sociedade como a nosa estar lonxe das trincheiras significa ter m\u00e1is posibilidades de curarte dunha enfermidade, de evitar o c\u00e1rcere ou de mirar os ollos dos fillos coa conciencia tranquila.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Pero mal profesor ser\u00eda eu se tivese unicamente a perspectiva dun pai ou dunha nai. Un adolescente v\u00e9n ao instituto a aumentar as posibilidades de ter un bo futuro, pero tam\u00e9n a romper esquemas. Permitide que vos po\u00f1a alg\u00fans exemplos de cousas que me romperon os esquemas de mozo no instituto, e melloraron a mi\u00f1a vida adulta. Agora, aqu\u00ed, neste sal\u00f3n do F\u00e9lix Muriel, viaxamos coa terra a 30000 quil\u00f3metros por hora. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/xeneral2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-5741\" alt=\"xeneral2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/xeneral2-300x233.jpg\" width=\"300\" height=\"233\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/xeneral2-300x233.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/xeneral2.jpg 680w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Cando entras na igrexa de santa Comba demostras esa teor\u00eda relativista que di que podemos viaxar ao pasado; cando rematas a Semana das festas de Guadalupe confirmas esa teor\u00eda cu\u00e1ntica de que podes estar vivo e morto ao mesmo tempo. As pedras do Castelo da L\u00faa, as xoubas da r\u00eda e os rianxeiros que prendemos bengalas o venres de Guadalupe estamos formados polos mesmos elementos. Houbo feministas que estaban en contra de que votasen as nosas bisavoas e tataravoas durante a II Rep\u00fablica. Os grafites do auditorio poden ser tan fermosos como unha desas marabillosas postas de sol do Barbanza. Ningu\u00e9n sabe explicar por que o Rianxo miserento de principios do s\u00e9culo XX pariu tres referentes literarios e humanos excepcionais. Na \u00e1rbore xeneal\u00f3xica do poeta Paio G\u00f3mez Chari\u00f1o hai bacterias, anfibios, aves e can\u00edbales. Ducias de deuses e esp\u00edritos pasean polos Loureiros e a Praci\u00f1a. Hai culturas que lles dan a comer aos corvos os seus mortos co mesmo respecto co que n\u00f3s os enterramos no cemiterio de Pedra Vix\u00eda. Temos m\u00e1is enfermidades psicol\u00f3xicas no Barbanza que en calquera comarca de \u00c1frica. S\u00f3crates viviu en Rianxo disfrazado de Arcos Moldes. Hai persoas que se senten m\u00e1is soas no Feir\u00f3n Mari\u00f1eiro que na praia do Porr\u00f3n un d\u00eda de temporal. Esa amiga que xoga contigo no Campo de Arriba pode ter m\u00e1is de dous pais biol\u00f3xicos, ou chamarse Mar\u00eda e sentirse Mario. A loita de clases viaxa nas mochilas que traedes ao instituto. O mar de Arousa \u00e9 \u00e1s veces azul, \u00e1s veces gris, \u00e1s veces verde, porque ti lle prestas esas cores, e moitas m\u00e1is. O pico Muralla \u00e9 o m\u00e1is alto do concello pola convulsi\u00f3n dunhas placas xigantescas m\u00e1is lentas que un caracol. A felicidade \u00e9 amar o sol como o aman as plantas dos xard\u00edns da Ribeira. Faustino Rey Romero, o crego poeta de Isorna, amaba o galego como as plantas aman o sol.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/xeneral3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-5742\" alt=\"xeneral3\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/xeneral3-300x134.jpg\" width=\"300\" height=\"134\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/xeneral3-300x134.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/xeneral3-900x402.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/xeneral3.jpg 930w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Estar lonxe das trincheiras ou romper esquemas. Ese \u00e9 o dilema que agora tedes. E que teredes toda a vida. O mundo real obrigaravos a tomar decisi\u00f3ns sempre na mesma direcci\u00f3n (escapar das trincheiras), pero fariades moi mal se no voso mundo interior deixades de romper esquemas, pois nunca viviriades a vosa propia vida, e non saberiades sobrevivir nesas outras trincheiras nas que se deciden as batallas que de verdade importan. Eses alumnos que hai uns d\u00edas se me presentaron nun exame de Nietzsche con cadanseu vaso de leite porque lles comentara que o fil\u00f3sofo alem\u00e1n cr\u00eda que un dos problemas de Europa era o alcoholismo, e s\u00f3 beb\u00eda leite, romp\u00e9ronme os esquemas, e demostr\u00e1ronme que hai outra forma de facer e sentir un exame. Mesmo nas trincheiras dantescas de 2\u00ba de bacharelato, tiveron un xesto de respecto co inimigo. Alg\u00fans alumnos escribiron nese exame que lles gustar\u00eda vivir coa seriedade coa que xogan os nenos, un consello de Nietzsche que lles rompera os esquemas. Non sei se o conseguir\u00e1n, pero podedes estar seguros que, se o conseguen, non ser\u00e1 pola moi meritoria nota que sacaron nese exame.&#8221;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0Como titor de 2\u00ba de Bacharelato, escrib\u00edn estas palabras para o acto de entrega de orlas no IES F\u00e9lix Muriel de Rianxo: &#8220;Cada vez que escoito a frase Escolle unha carreira con sa\u00edda recordo algo que contaba un periodista catal\u00e1n que na I Guerra Mundial tivo que ir desde Par\u00eds \u00e1 fronte de &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=5739\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Meu fillo ser\u00e1 xeneral<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5739"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5739"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5739\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5743,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5739\/revisions\/5743"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5739"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5739"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5739"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}