{"id":6436,"date":"2016-10-14T06:00:20","date_gmt":"2016-10-14T06:00:20","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6436"},"modified":"2016-10-09T17:49:57","modified_gmt":"2016-10-09T17:49:57","slug":"viaxe-a-ultima-revolucion-de-xerardo-agrafoxo-ii","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6436","title":{"rendered":"Viaxe \u00e1 \u00faltima Revoluci\u00f3n, de Xerardo AgraFoxo (II)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/viaxe-a-ultima-revolucion.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-6342\" alt=\"viaxe-a-ultima-revolucion\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/viaxe-a-ultima-revolucion-195x300.jpg\" width=\"195\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/viaxe-a-ultima-revolucion-195x300.jpg 195w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/viaxe-a-ultima-revolucion-668x1024.jpg 668w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/viaxe-a-ultima-revolucion-900x1379.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/viaxe-a-ultima-revolucion.jpg 1618w\" sizes=\"(max-width: 195px) 100vw, 195px\" \/><\/a>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0<\/strong><\/em>A literatura de viaxes ten esa dobre valencia da estad\u00eda narrada e da transportaci\u00f3n que o lector experimenta ao lela. Adoitamos opinar que a literatura de viaxes acolle alg\u00fans dos mellores referentes da literatura universal. Xerardo AgraFoxo s\u00e1beo e decide espremer desta volta as posibilidades do x\u00e9nero nun escenario quizais propicio coma ning\u00fan: o espazo cubano, definido tantas veces -algunhas delas recollidas tam\u00e9n no libro- xeograficamente coma o para\u00edso.\u00a0Xerardo transp\u00f3rtanos ao espazo e ao tempo por medio dunha cr\u00f3nica que non queda nesas d\u00faas cousas, sen\u00f3n que vai tam\u00e9n \u00e1s paisaxes humanas, ao pensamento das xentes<!--more-->, aos recullos do sentir e, sobre todo, \u00e1 presenza do acontecemento que condicionou o devir (polo menos estes 55 \u00faltimos anos, ata a redacci\u00f3n do libro) dos lugares visitados.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Baixo unha proposta lineal, sinxela, t\u00edpica da abordaxe dunha cr\u00f3nica viaxeira, atopamos en realidade unha receita moi ben medida, cos ingredientes moi ben dosificados e os tempos de preparaci\u00f3n acertad\u00edsimos. Paisaxe, clima, costumes, xentes, xergas, contornas, pasos e descubertas, v\u00e9\u00f1ense concitar, pola escrita-andaina-respiraci\u00f3n experiencial de AgraFoxo durante a s\u00faa estad\u00eda na illa, coa an\u00e1lise poli\u00e9drica do que deixou ese acontecer hist\u00f3rico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Eu xa ti\u00f1a unha previa orientaci\u00f3n da lectura nas propias palabras que o autor me dixera hai uns meses, antes da sa\u00edda do libro: hai que ir s\u00f3, amigo, sen a compa\u00f1a dun programa, nin sequera dun roteiro preconcibido, para que todo aconteza cando te\u00f1a que acontecer e como te\u00f1a que acontecer, para que a viaxe sexa verdadeiramente a de un. Algo as\u00ed me dixera.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por iso dende os primeiros quil\u00f3metros o lector vive con Xerardo. Inter\u00e9salle cada lugar ao que vai chegando. \u00c9 coma se un mesmo cami\u00f1ase, e as p\u00e1xinas se convertesen en superposici\u00f3ns paisax\u00edsticas, veci\u00f1ais e transitables. Un, que decote se deixa ir polo fermoso devagar dos cami\u00f1os -a\u00ed a filosof\u00eda sendeirista-, di iso coa incerteza que sempre conleva explicar a andaina, calquera andaina; pero tam\u00e9n coa fascinaci\u00f3n -esa sorte de paz musicalizada de tempo, de interioridade e de paxaros- que o percorrido suscita.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/viaje-1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-6426\" alt=\"viaje-1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/viaje-1-212x300.jpg\" width=\"212\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/viaje-1-212x300.jpg 212w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/viaje-1.jpg 368w\" sizes=\"(max-width: 212px) 100vw, 212px\" \/><\/a>Mentres avanza, AgraFoxo vai facendo tam\u00e9n un percorrido polas vidas, polos per\u00edodos, polos costumes, incluso polos carteis, memoria gr\u00e1fica e intencional dunha <i>revoluci\u00f3n<\/i> que a propia paisaxe parece contradicir, rexeitar cada vez m\u00e1is abertamente: \u201c\u2026 <i>La Revoluci\u00f3n, pujante y victoriosa, sigue adelante<\/i> \u2026\u201d (Pax. 53) fronte \u00e1s imaxes decadentes, regresivas e esmorecentes dos arrabaldes, as fachadas e os obxectos coti\u00e1ns. \u201c\u2026 <i>La Revoluci\u00f3n est\u00e1 hecha y no se detendr\u00e1 jam\u00e1s <\/i>\u2026\u201d (Pax. 146) fronte \u00e1 panor\u00e1mica detida, parada noutro tempo, das r\u00faas da cidade. Hai ese contraste continuo, ao longo de toda a novela, coma se un se atopase nunha situaci\u00f3n, lugar l\u00edmite, mais precioso. Algo as\u00ed -valla o exemplo- dise do mar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Un elemento significativo do libro \u00e9 o da cesi\u00f3n da voz. AgraFoxo deixa que sexan os propios cubanos os que conten parte da historia, intercala esas voces no percorrido lineal, logrando que o conxunto nos pareza, non unha realidade concreta, sen\u00f3n o fr\u00e1xil tecido de moitas realidades particulares. Non creo que me engane demasiado se digo que este \u00e9 tam\u00e9n un dos puntos fortes da s\u00faa produci\u00f3n literaria, a xesti\u00f3n eficaz dos protagonismos, tanto coma dos tempos, da linguaxe, dos ritmos, das ambientaci\u00f3ns ou dos recursos narrativos. E ese \u00e9 tam\u00e9n, coido, o cualificativo axeitado: eficaz, porque AgraFoxo busca sobre todo o contacto directo, a literatura neta, capaz, flu\u00edda, chagadora que, en <i>Viaxe \u00e1 \u00faltima Revoluci\u00f3n<\/i> se nos presenta na perceptible econom\u00eda do accesorio e na presenza dese coloquialismo -termos coma <i>pedir botella<\/i>, <i>resolver<\/i>, ou <i>guapear<\/i>&#8211; que se tivo que ir metaforizando para somerxerse nas turbideces sem\u00e1nticas daquel contraste.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/habana3.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-6437\" alt=\"habana3\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/habana3-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/habana3-300x225.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/habana3-900x675.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/habana3.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Outro elemento \u00e9 o do intercalado de pequenas historias que por si mesmo conforman unidades independentes dentro da unidade do relato. Hai moitas, pero porei como exemplo a do pintor do caf\u00e9, no cap\u00edtulo de Guanabacoa (Paxs. 231 a 233), que lle sae ao paso a Xerardo nun apeadoiro e entaboa conversa con el, enle\u00e1ndose pouco a pouco no argumento dun episodio que remata nun curioso desenlace coa ra\u00ed\u00f1a Sof\u00eda. Estas historias, sen romper o f\u00edo da principal, conf\u00edrenlle ao texto un segundo ritmo que enriquece a s\u00faa estrutura ao mesmo tempo que o fai m\u00e1is din\u00e1mico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Resultoume especialmente notorio o feito de que AgraFoxo aborde a cr\u00edtica inevitable do sistema sen circunloquios coma autosuficiencia ou subsistencia, sen\u00f3n dicindo directamente supervivencia. O que est\u00e1 a acontecer actualmente no pa\u00eds pres\u00e9ntao nun ton veraz, case que nunha linguaxe xornal\u00edstica, ao longo das referencias que vai dando (\u201c<i>A nosa situaci\u00f3n \u00e9 moi complicada. Nunca consumo nada f\u00f3ra da casa, nin fun a ningures. \u00c9me imposible estar nunha terraza de Bayamo. Se consigo aforrar algo, \u00e9 para mercar alg\u00fan produto de aseo persoal ou unha peza de vestir a prazos<\/i>\u201d (Pax. 116), que chegan a recordar certas etapas da nosa propia Historia, coma no caso dos vendedores de bibliotecas para conseguir uns cartos cos que manter unha m\u00ednima dignidade vital, coincidente co que lle ocorr\u00eda ao personaxe principal de <i>Esta oscura desbandada<\/i>, a novela que Juan Antonio Zunzunegui escribiu sobre a situaci\u00f3n espa\u00f1ola da posguerra, mentres pasaba o ver\u00e1n de 1951 ac\u00f3, en Santa Ux\u00eda de Ribeira. Pero \u00e9 no cap\u00edtulo de Finca Vig\u00eda, ao relatar o episodio do vello onc\u00f3logo doutorado pola Universidade de Monreal (Paxs. 243 a 245), cuxo desenlace non vou furtar ao impacto que produce a s\u00faa lectura, onde tal cualificaci\u00f3n nos chega con toda a s\u00faa crueza.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/habana1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-6438\" alt=\"habana1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/habana1-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/habana1-300x225.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/habana1-900x675.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/habana1.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Santiago, Santa Ifigenia, Guant\u00e1namo, Baracoa, Holgu\u00edn, Bayamo, Camag\u00fcey (\u2026), Cienfuegos, Santa Clara, Matanzas, Coj\u00edmar, Guanabacoa, Finca Vig\u00eda \u2026, o relato transcorre, con pequenas excepci\u00f3ns, polos escenarios do percorrido da Revoluci\u00f3n, cousa que tam\u00e9n AgraFoxo vai recalcando ao ir transcribindo as lendas dos carteis al\u00ed onde quere po\u00f1er un acento ou recordar que os est\u00e1 transitando. A condici\u00f3n de viaxeiro-observador-cronista pasa ent\u00f3n \u00e1 literatura crebada polo estremecemento, polas sensaci\u00f3ns que se desprenden do cismar a r\u00e9plica, do sentir que vai un pisando ese mesmo chan, respirando ese mesmo ar, atravesando o tempo que as imaxes parecen teimar en dicir que segue sendo o mesmo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Produce algo especial o ter nas mans un libro coma esta <i>Viaxe \u00e1 \u00faltima Revoluci\u00f3n<\/i>, de Xerardo AgraFoxo. Poucas veces gusta un de absorber cada frase, cada palabra, mesmo o uso de cada signo de puntuaci\u00f3n, polo gorentoso e fresco do seu acabado. Ve\u00f1o de rematar de lelo e, ao me incorporar, notei claramente como quedaba ese oco que deixan alg\u00fans libros: o oco do desexo. \u00c9 dif\u00edcil describilo sen caer na banalidade ou no t\u00f3pico, mais abonda con dicir que \u00e9 unha sensaci\u00f3n que producen s\u00f3 os relatos cheos, xenu\u00ednos, ver\u00eddicos e capaces. Xerardo AgraFoxo cadrou unha cr\u00f3nica de car\u00e1cter, de moito car\u00e1cter, intensa e tranquila \u00e1 vez, densa en co\u00f1ecemento e flu\u00edda en lectura, nunha h\u00e1bil mestura de traxectos, feitos, conceptos e sentidos que estou certo que enfeitizar\u00e1 de Cuba e de literatura a quen se achegue \u00e1s s\u00faas p\u00e1xinas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Antonio Pi\u00f1eiro.\u00a0A literatura de viaxes ten esa dobre valencia da estad\u00eda narrada e da transportaci\u00f3n que o lector experimenta ao lela. Adoitamos opinar que a literatura de viaxes acolle alg\u00fans dos mellores referentes da literatura universal. Xerardo AgraFoxo s\u00e1beo e decide espremer desta volta as posibilidades do x\u00e9nero nun escenario quizais propicio coma ning\u00fan: o &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6436\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Viaxe \u00e1 \u00faltima Revoluci\u00f3n, de Xerardo AgraFoxo (II)<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[35,9,22],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6436"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=6436"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6436\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6439,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6436\/revisions\/6439"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=6436"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=6436"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=6436"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}