{"id":6725,"date":"2016-12-27T06:00:31","date_gmt":"2016-12-27T06:00:31","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6725"},"modified":"2016-12-19T09:18:57","modified_gmt":"2016-12-19T09:18:57","slug":"non-era-unha-anecdota","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6725","title":{"rendered":"Non era unha an\u00e9cdota"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/padre-e-hijos.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-6727\" alt=\"padre-e-hijos\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/padre-e-hijos-300x290.jpg\" width=\"300\" height=\"290\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/padre-e-hijos-300x290.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/padre-e-hijos.jpg 722w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0<\/strong><\/em>Nunca \u00e9 agradable contemplar unha pelexa no medio da r\u00faa, e menos a\u00ednda cando \u00e9 entre d\u00faas persoas da mesma familia, pero moito peor \u00e9 cando esa pelexa ten por raz\u00f3n \u00fanica alg\u00fan xeito de supervivencia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Xoana Salgueiro pod\u00eda limitarse a contar a an\u00e9cdota, e todos os amigos de parladoiro quedariamos satisfeitos, pero Xoana non conta an\u00e9cdotas, conta historias que van m\u00e1is al\u00f3 da aparencia e non deixan de arrepiarnos.<!--more--><\/p>\n<div style=\"text-align: justify;\"><span style=\"font-size: 16px;\">Estoutro d\u00eda falounos dunha liorta na porta do ambulatorio, unha pelexa entre dous irm\u00e1ns, xemelgos e cincuent\u00f3ns para m\u00e1is datos, a onde un deles levara \u00f3 pai por mor dun catarro que collera no club de xubilados \u00f3 que cada tarde vai botar a partida, e \u00f3 sa\u00edr encontrouse co irm\u00e1n que lle berrou: \u00abEs indigno de chamarte fillo\u00bb, e dende a\u00ed en diante todo foron insultos e recriminaci\u00f3ns que o afrontado respond\u00eda con outras ofensas e aldraxes. O m\u00e1is curioso de todo \u00e9 que ambos se botaban en cara as poucas atenci\u00f3ns que cada un ti\u00f1a co proxenitor, na procura de demostrar publicamente as bondades propias e as maldades do outro, tratando de obrigar \u00f3 anci\u00e1n a decidir cal dos dous era mellor fillo e con cal dos dous prefer\u00eda vivir. Que se este lle censuraba \u00f3 outro que non se preocupara de mercarlle unha bufanda para o inverno, o outro amoest\u00e1bao porque sempre lle daba a mesma sopa de sobre para cear, ou se para o vello era mellor durmir s\u00f3 ou nun cuarto cos netos.<\/span><\/div>\n<p style=\"text-align: justify;\">A discusi\u00f3n medrou, segundo nos conta Xoana, ata o punto de chegaren \u00e1s mans e teren que sa\u00edr os de seguridade para separalos; e a\u00ednda as\u00ed, cada un desde un lado cham\u00e1bao \u00abVente comigo pap\u00e1\u00bb. Dous irm\u00e1ns que medraron unidos coma u\u00f1a e carne e a quen (en opini\u00f3n dunha veci\u00f1a presente) volveu as\u00ed o ego\u00edsmo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tan dolorosa escena, cargada dun exceso de amor filial, obrigou \u00e1 nosa amiga a atender, tratando de indagar a escondida raz\u00f3n da disputa, nestes tempos en que os vellos se queixan de que os mozos andan \u00e1 s\u00faa e non portan por eles; tanto que cando vemos a un fillo atendendo con mimo desmedido a un anci\u00e1n ata desconfiamos de se na intimidade da casa ser\u00e1 igual de atendo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Logo, porque nos ambulatorios, m\u00e1is ou menos, todos nos co\u00f1ecemos, Xoana v\u00e9n saber que aquela pelexa ti\u00f1a un transfundo moito m\u00e1is cremat\u00edstico; que un daqueles dous irm\u00e1ns, \u00f3s seus cincuenta anos rec\u00e9n cumpridos, levaba tres anos no paro cobrando unha axuda familiar e mandando curr\u00edculos cheos de experiencia que inutiliza a s\u00faa idade, ten dous fillos estudiando e a muller, co seu diploma de licenciada en linguas mortas adornando o sal\u00f3n, ga\u00f1a alg\u00fan euro fregando escaleiras sen declarar a Facenda, polo que, a pensi\u00f3n do vello, xubilado dunha daquelas empresas tan estimadas no pasado, resolver\u00edalle a metade dos problemas; e o outro irm\u00e1n, con quen vive nun apartamento de cincuenta e poucos metros cadrados, aut\u00f3nomo e propietario dunha tenda de material escolar que a duras penas lle permite pagar a cota para ter alg\u00fan d\u00eda dereito a subsidio, tam\u00e9n casado pero divorciado, pai de tres fillos que cada mes reclaman a pensi\u00f3n alimenticia, pode cumprir con tal obriga grazas \u00e1 paga do vello.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Quen contou esta intimidade familiar, xulgaba sen que lle pedisen opini\u00f3n, que se non fose pola pensi\u00f3n tiraban co anci\u00e1n como se tira cun trasto in\u00fatil. E Xoana que escoita, dilles que aquilo non era a an\u00e9cdota do d\u00eda, era unha traxedia m\u00e1is da precariedade destes tempos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco.\u00a0Nunca \u00e9 agradable contemplar unha pelexa no medio da r\u00faa, e menos a\u00ednda cando \u00e9 entre d\u00faas persoas da mesma familia, pero moito peor \u00e9 cando esa pelexa ten por raz\u00f3n \u00fanica alg\u00fan xeito de supervivencia. Xoana Salgueiro pod\u00eda limitarse a contar a an\u00e9cdota, e todos os amigos de parladoiro quedariamos satisfeitos, &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6725\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Non era unha an\u00e9cdota<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6725"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=6725"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6725\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6728,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6725\/revisions\/6728"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=6725"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=6725"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=6725"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}