{"id":6840,"date":"2017-01-04T06:00:12","date_gmt":"2017-01-04T06:00:12","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6840"},"modified":"2016-12-26T16:50:35","modified_gmt":"2016-12-26T16:50:35","slug":"medran-os-dias","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6840","title":{"rendered":"Medran os d\u00edas"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/medran.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-6841\" alt=\"medran\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/medran-300x225.jpg\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/medran-300x225.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/medran-1024x768.jpg 1024w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/medran-900x675.jpg 900w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/medran.jpg 1600w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Francisco Ant. Vidal Blanco. <\/strong><\/em>Ningu\u00e9n ten que enfadarse porque diga que antes de que nacera o Neno Xes\u00fas, xa o Nadal ti\u00f1a raz\u00f3n de ser e de festexar, precisamente por ser o momento a partir do cal os d\u00edas comezan a medrar, porque o sol vai ga\u00f1ando altura. A min g\u00fastame o mito de Helios, quen tras recibir o galano anual de catro cabalos novos para o seu carro solar, estes van aprendendo o cami\u00f1o a trav\u00e9s do firmamento e cada d\u00eda soben un pouco m\u00e1is alto, posibilitando que as horas de luz duren m\u00e1is. <!--more-->E as\u00ed, d\u00eda a d\u00eda, ata o solsticio de ver\u00e1n, en que os cabalos xa van cansos e cada d\u00eda soben menos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">De feito, a noite m\u00e1is longa do ano, por todo o ritual con que se arroupa, e pola mesma evidencia de m\u00e9trica lum\u00ednica, v\u00e9n marcar, de feito, o comezo do ciclo anual, a\u00ednda que, oficialmente o fagamos unha semana despois. E na nosa cultura, o evanxelista San Xo\u00e1n as\u00ed o deixou escrito, manifestando que cando naceu o seu mestre naceu a luz da vida, e iso \u00e9 o que celebramos, como xa antes ca n\u00f3s o celebraban os romanos a trav\u00e9s de Mitra, un deus, asemade importado de Oriente, e que nacendo no fondo dunha furna iluminouna e ata os mesmos astros do ceo lle renderon preites\u00eda baixando a saudalo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E igual que Mitra tam\u00e9n o Neno Xes\u00fas nace nun lugar arredado da xente, f\u00f3ra da cidade, nun alpendre e nunha noite que a tradici\u00f3n define como a m\u00e1is fr\u00eda do ano, pero sen embargo, tras o seu nacemento, todo se enche de luz, de calor e de solidariedade, representados pola estrela, os animais al\u00ed acubillados e os pastores cos seus galanos, e por iso San Francisco quixo darlle raz\u00f3n de ser a ese instante cargado de humanidade dese\u00f1ando o primeiro bel\u00e9n da historia, onde se representa ese momento m\u00e1xico a partir do cal vai florecer a vida.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O bel\u00e9n \u00e9, pois, unha explosi\u00f3n de luz partindo das tebras, que debemos observar sen confundir as met\u00e1foras b\u00edblicas ou etnogr\u00e1ficas que aqu\u00ed se mesturan coa realidade hist\u00f3rica ou coa verdade cient\u00edfica. Aquel bel\u00e9n representaba o punto de inflexi\u00f3n entre o inverno fr\u00edo e improdutivo e a vindeira primavera que xa se fai desexar. Os personaxes daquel cadro eran seres infecundos amparando a quen ser\u00e1 chamado a luz da vida. Al\u00ed est\u00e1n a mula e o boi, animais que non poden xerar descendencia, como tampouco se agarda dun vello que permanece al\u00ed como obxecto pasivo, \u00f3 p\u00e9 da manxadoira en que repousa o neno, e a nena que, por nena e por virxe s\u00f3 \u00e9 fecunda grazas \u00e1 intervenci\u00f3n da m\u00e1xima divindade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A diferenza de Mitra, que naceu dunha pedra, Xes\u00fas nace dunha muller, coma calquera ser humano, para converterse nun deus vivo e presente, e a partir dese instante, o portal de Bel\u00e9n con aquel alpendre, cova ou corte deixa de ser un lugar arredado e m\u00edsero para encherse de vida, de agasallos, de promesas de benestar e desexos de paz.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na liturxia cristi\u00e1 cel\u00e9brase nesta noite a chamada misa do Galo, porque o galo \u00e9 quen anuncia un novo d\u00eda, unha nova andaina, unha nova esperanza, e sobre todo porque Xes\u00fas, cando nace, non \u00e9 para morrer, sen\u00f3n para traer a luz, outra cousa \u00e9 que logo, polo que fose, acabase xulgado e condenado; e por iso me \u00e9 tan dif\u00edcil entender \u00f3s m\u00e1rtires e imposible de aceptar o martirio.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Francisco Ant. Vidal Blanco. Ningu\u00e9n ten que enfadarse porque diga que antes de que nacera o Neno Xes\u00fas, xa o Nadal ti\u00f1a raz\u00f3n de ser e de festexar, precisamente por ser o momento a partir do cal os d\u00edas comezan a medrar, porque o sol vai ga\u00f1ando altura. A min g\u00fastame o mito de Helios, &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6840\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Medran os d\u00edas<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,52,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6840"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=6840"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6840\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6842,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6840\/revisions\/6842"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=6840"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=6840"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=6840"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}