{"id":6889,"date":"2017-01-18T06:00:42","date_gmt":"2017-01-18T06:00:42","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6889"},"modified":"2017-01-18T07:52:19","modified_gmt":"2017-01-18T07:52:19","slug":"gary-snyder-a-practica-do-salvaxe-i","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6889","title":{"rendered":"Gary Snyder: A  pr\u00e1ctica do salvaxe (I)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><em><strong><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/01\/gary1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-6908\" alt=\"gary1\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/01\/gary1-300x293.jpg\" width=\"300\" height=\"293\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/01\/gary1-300x293.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/01\/gary1.jpg 630w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Gonzalo Trasbach. <\/strong><\/em>Trece de agosto de 1956. Navegaban barcos na noite. Fac\u00edan soar con insistencia as s\u00faas sirenas e os homes daban berros sobre as s\u00faas cubertas. Buscaban un eco, unha referencia. Avanzaban \u00e1s cegas. Un manto de densa n\u00e9boa agochaba o mar. No porto, as mulleres contestaban, entre prantos, golpeando con paus tarteiras, caldeiros e outros ave\u00f1os. N\u00f3s, asomados \u00e1s fiestras das nosas casi\u00f1as, chorabamos, chiabamos e chamabamos por nosas nais e pais. <!--more-->Aterrados de medo na escuridade e diante do que nos parec\u00eda irreparable, de que entraran en acci\u00f3n os escribas da morte.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Trece de agosto de 1945. Cando s\u00f3 ti\u00f1a quince anos, Gary Snyder (San Francisco, 1930) completou o ascenso ao monte Saint Hellen. Cando baixou da excursi\u00f3n leu a edici\u00f3n do d\u00eda anterior do xornal \u201cO Portland Oregonian\u201d, que conti\u00f1a unha reportaxe fotogr\u00e1fica do resultado das bombas at\u00f3micas lanzadas sobre Hirosima e Nagasaki. Pode que sobre esa dura andaina agromasen os cimentos de <i>A pr\u00e1ctica do salvaxe<\/i> (Varasek Edici\u00f3ns), un dos mellores libros que lin no 2016. O autor norteamericano entrou na mi\u00f1a casa a trav\u00e9s dun pequeno e sorprendente volume que editou \u00c1rdora expr\u00e9s (2000) co t\u00edtulo de <i>La mente salvaje (poemas y ensayos<\/i>), o primeiro del traducido ao castel\u00e1n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pouco tempo despois topei nun rotativo madrile\u00f1o unha entrevista con el e co seu amigo e tam\u00e9n escritor Jim Harrison. Estaban en Madrid para presentar na Casa Encendida un documental que leva o mesmo titulo c\u00f3 libro e que foi filmado na propiedade dos Hearts en San Simeon (California). Nesta gravaci\u00f3n, Snyder afirma: &lt;A natureza non \u00e9 un lugar para ir visitalo. \u00c9 o fogar&gt;. Mentres penetraba nas 428 p\u00e1xinas desta formidable obra que cont\u00e9n nove ensaios, o \u00faltimo dos cales, <i>Supervivencia e sacramento<\/i>, d\u00e1 por si s\u00f3 para unha longa e fonda reflexi\u00f3n e discusi\u00f3n, funme demorando buscando informaci\u00f3n sobre as venturas e desventuras dun escritor asociado ao fen\u00f3meno contra cultural m\u00e1is emblem\u00e1tico de Norte Am\u00e9rica: a Beat Generation.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">1966: Gay Snyder, Allen Ginsberg e Dick Baker mercaron unha finca na Serra Nevada californiana chamada Kitkitdizze, onde se refuxiou o noso home. Mais isto foi logo de facer de monxe zen en Tokyo, de maquinista nun petroleiro e de viaxeiro pola India na compa\u00f1a da s\u00faa dona Joanne Kyger, Allen Ginsberg e Peter Orlovski. Pero tam\u00e9n despois de participar no \u201cEncuentro de las tribus\u201d, aquela concentraci\u00f3n hippy dionis\u00edaca chea de cr\u00f3talos que se celebrou no Golden Gate Park de San Francisco. Gary bautizou aquelas terras co nome que lle puxeran os indios Wintu \u00e1 matogueira arom\u00e1tica \u201cTrevo do oso\u201d. Pasado un tempo, o biorrexionalista, poeta e profesor, ampliou a finca coas partes dos seus amigos. E al\u00f3 leva vivindo dende hai m\u00e1is de 40 anos. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/01\/gary2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-6910\" alt=\"gary2\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/01\/gary2-207x300.jpg\" width=\"207\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/01\/gary2-207x300.jpg 207w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2017\/01\/gary2.jpg 384w\" sizes=\"(max-width: 207px) 100vw, 207px\" \/><\/a>E mentres, moitos dos seus camaradas da Xeraci\u00f3n Beat t\u00ed\u00f1anse convertido en fantasmas aos que outra xente levaba en avi\u00f3n para facer sesi\u00f3ns de fotos e visitas toleradas aos plat\u00f3s, Snyder escoitaba o silencio e os ru\u00eddos do bosque cuestionando a cada intre esas f\u00e1bulas fant\u00e1sticas e <i>facilonas<\/i>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O campamento que ergueu naquel espazo salvaxe, rodeado de madro\u00f1os, pinos, abetos, bidueiros e carballos, non s\u00f3 \u00e9 de inspiraci\u00f3n thoreauniana, sen\u00f3n que \u00e9 un reflexo da granxa situada no norte de Seattle onde vivira orgulloso a s\u00faa infancia xunto aos seus pais. Nas p\u00e1xinas de <i>A pr\u00e1ctica do salvaxe<\/i> est\u00e1 exposta a caracter\u00edstica clave da s\u00faa narrativa: amosa unha linealidade continua. As oraci\u00f3ns, as conversas de estrada ou cafeter\u00eda, os c\u00e1nticos, a sabedor\u00eda cham\u00e1nica dos nativos, os fragmentos dos seus diarios, os mitos do lugar, todo, absolutamente todo, goza do mesmo \u00e9nfase e estatus. Gary era e \u00e9 un poeta experto no campo, endereitado de xeito fermoso a medio cami\u00f1o entre o transcendentalismo de fronteira e a longa e serena mirada de Asia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En <i>Los vagabundos del Dharma<\/i>, Jack Kerouac empregaba a Gary, convertido en Japhy Ryder, coma segundo heroe americano da Lenda Dulnoz. Poeta acad\u00e9mico das monta\u00f1as e do Oeste Pac\u00edfico, tralo v\u00f3rtice de enerx\u00eda transcendental e adicto \u00e1s estradas de pirola dura de Neal Cassady, Snyder ten lembrado m\u00e1is dunha vez que era unha icona <i>beat<\/i> ao seu pesar. Pese a que combateu activamente contra das talas indiscriminadas e contra das especulaci\u00f3ns dos bosques e dos territorios salvaxes, Gary, por\u00e9n, non \u00e9 un purista. Baseada na meditaci\u00f3n e na disciplina espiritual, a s\u00faa pr\u00e1ctica era e \u00e9 rigorosa. Pero non estaba ideada para negar as realidades da vida daquela comunidade espallada polos bosques, sen\u00f3n para defendela e mantela.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Gonzalo Trasbach. Trece de agosto de 1956. Navegaban barcos na noite. Fac\u00edan soar con insistencia as s\u00faas sirenas e os homes daban berros sobre as s\u00faas cubertas. Buscaban un eco, unha referencia. Avanzaban \u00e1s cegas. Un manto de densa n\u00e9boa agochaba o mar. No porto, as mulleres contestaban, entre prantos, golpeando con paus tarteiras, caldeiros &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=6889\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Gary Snyder: A  pr\u00e1ctica do salvaxe (I)<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,18,9,10,22],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6889"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=6889"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6889\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6912,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/6889\/revisions\/6912"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=6889"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=6889"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=6889"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}