{"id":9269,"date":"2018-05-27T06:00:52","date_gmt":"2018-05-27T06:00:52","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=9269"},"modified":"2018-05-21T22:43:53","modified_gmt":"2018-05-21T22:43:53","slug":"tras-os-pasos-de-cunqueiro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=9269","title":{"rendered":"Tras os pasos de Cunqueiro"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/9788498657159.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-9270\" alt=\"9788498657159\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/9788498657159-196x300.jpg\" width=\"196\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/9788498657159-196x300.jpg 196w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/9788498657159.jpg 420w\" sizes=\"(max-width: 196px) 100vw, 196px\" \/><\/a><em><strong>C\u00e9sar Alen.\u00a0<\/strong><\/em>Corr\u00eda o ano 79 do s\u00e9culo pasado. Con todo, o que poder\u00eda parecer unha laxa, para min sup\u00f3n unha perspectiva hist\u00f3rica ampl\u00edsima. Que riqueza vivir. Un d\u00eda de calor deambulaba entre as agrestes e secretas calas menorquinas. Era tal a calor que decid\u00edn refuxiarme da calima nunha fresca biblioteca de Mah\u00f3n. Rebusquei distraidamente ata que dei cun paisano ilustre; don \u00c1lvaro Cunqueiro. Entre varias das s\u00faas obras, elix\u00edn por intuici\u00f3n <i>As cr\u00f3nicas do Sochantre<\/i>. Senteime a unha prudente distancia da luz cegadora que asomaba por unha gran vent\u00e1. Adaptei os meus mozos e \u00e1vidos ollos \u00e1 agradecida penumbra. O libro foi envolvendo coa s\u00faa rica linguaxe coa incrible descrici\u00f3n de escenarios que me lembraban os ciclos art\u00faricos. <!--more-->En pouco tempo sentinme transportado aos h\u00famidos e frescos ambientes bret\u00f3ns, \u00e1 sempiterna choiva que tanto me lembraba a mi\u00f1a terra. Hostes e pantasmas pululando ao longo e ancho dunha terra brumosa, misteriosa, atl\u00e1ntica. O que m\u00e1is me chamou a atenci\u00f3n (tras ler a contraportada) foi saber que Cunqueiro nunca estivera en Breta\u00f1a. Como era posible unha descrici\u00f3n tan meticulosa, tan acertada dun lugar desco\u00f1ecido. Quiz\u00e1 esa capacidade imaxinativa, xunto coa elecci\u00f3n dunha linguaxe adecuada que achegue propiedade significativa, sexan as claves dunha boa escrita. O certo \u00e9 que empecei a sentir fr\u00edo, os meus \u00f3sos fix\u00e9ronse eco desa humidade penetrante, insistente. A biblioteca de s\u00fabito encheuse de n\u00e9boa. Si, o realismo m\u00e1xico de Cunqueiro fixera o seu efecto. Despois daquela lectura decid\u00edn que cando regresase a Vigo seguir\u00eda os pasos do seu autor. Quer\u00eda descubrir a s\u00faa maxia, a s\u00faa t\u00e9cnica, os seus segredos. Algu\u00e9n con esa imaxinaci\u00f3n estaba claro que non era un tipo com\u00fan. No outono regresei, por suposto, o ceo estaba encapotado, gris, pl\u00fambeo. Finas pingas ca\u00edan ininterrompidamente como pequenas plumas que se pegaban \u00e1s gabardinas, aos coches, \u00e1s xanelas. Parapeteime parapetei enfronte da s\u00faa casa, na r\u00faa Valadares, a s\u00faa \u00faltima morada. Un sinxelo edificio coa fachada gris, coma case todos. Sobre o mediod\u00eda, aparece no portal; alto, traxado, con aspecto descoidado. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/Alvaro_Cunqueiro_por_Pablo_Gallo_0002.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-medium wp-image-9271\" alt=\"Alvaro_Cunqueiro_por_Pablo_Gallo_0002\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/Alvaro_Cunqueiro_por_Pablo_Gallo_0002-198x300.jpg\" width=\"198\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/Alvaro_Cunqueiro_por_Pablo_Gallo_0002-198x300.jpg 198w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/Alvaro_Cunqueiro_por_Pablo_Gallo_0002.jpg 360w\" sizes=\"(max-width: 198px) 100vw, 198px\" \/><\/a>Mira cara aos lados, sobe as lentes de montura negra cun xesto autom\u00e1tico. Abre o paraugas e sae cami\u00f1ando cara \u00e1 s\u00faa dereita. Parece ensimesmado, pensativo. Mira ao chan e inmediatamente a todo o demais. Representa unha figura poderosa, ancho e cunha incipiente barriga. O pelo escaso, o nariz carnoso, fazulas xoguetonas que lle dan un aspecto bonach\u00f3n. A poucos metros, d\u00e1 coa transitada r\u00faa Col\u00f3n. Os coches expulsan fume na espera do sem\u00e1foro coa intersecci\u00f3n da ancha e maxestosa Garc\u00eda Barb\u00f3n, escoltada por poderosos edificios decimon\u00f3nicos, entre os que destaca o gran teatro constru\u00eddo polo insigne arquitecto porri\u00f1\u00e9s Antonio Palacios. Cando chega \u00e1 chaira da r\u00faa, toma \u00e1 dereita. Para \u00e1 altura do teatro e observa con detemento a carteleira. Sa\u00fada e sa\u00fadano. As bucinas m\u00f3stranse insistentes e superp\u00f3\u00f1ense sobre a melanc\u00f3lica sinfon\u00eda da choiva. Cami\u00f1a uns metros m\u00e1is e cruza no paso de pe\u00f3ns de Porta do Sol. Alcanza a comercial r\u00faa Pr\u00edncipe. Enfila polo canell\u00f3n da dereita, e t\u00f3pase co Elixio. Fachada branca, concisas letras de forxa oxidadas. Pecha o paraugas cun par de sacudidas. Dentro, o ambiente \u00e9 acolledor, c\u00e1lido, amigable. As paredes de pedra est\u00e1n repletas de cadros dos mellores pintores de principios de s\u00e9culo vinte. Avanzo observando cun disimulo estudado: hai masides, un pequeno busto de Eiroa. Ata me pareceu reco\u00f1ecer unha vi\u00f1eta orixinal de Castelao, ben enmarcada. Un aut\u00e9ntico museo. Grandes xestos, bromas e inmediatamente unha flamante botella de vi\u00f1o branco distribu\u00edda en primorosas cuncas de porcelana. Enfronte da barra hai unha mesa de madeira con bancos ao seu ao redor, \u00e1 beira da gran vent\u00e1 cunha cortina branca coma un lenzo manchado. Cunqueiro \u00e9 recibido con algaradas e moita camarader\u00eda. Enseguida senta e comeza o que parece un faladoiro habitual. Eu rodeo os toneis (que fan as veces de mesas) e sento ao final do local, nun discreto segundo plano. Unha estufa de le\u00f1a caldea a estancia. Saco o libro que subtra\u00edn nunha inevitable necesidade, m\u00e1is que cremat\u00edstica, vital, unha especie de xesto anticapitalista sen moito sentido. <a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/2012032202133871003.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-medium wp-image-9272\" alt=\"&quot;SANTOS Y MILAGROS&quot;, UNA ANTOLOG\u00cdA DE ALVARO CUNQUEIRO CON SIETE CUENTOS IN\u00c9DITOS Y CIENTOS DE ART\u00cdCULOS\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/2012032202133871003-282x300.jpg\" width=\"282\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/2012032202133871003-282x300.jpg 282w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/2012032202133871003.jpg 632w\" sizes=\"(max-width: 282px) 100vw, 282px\" \/><\/a>Ten o selo da biblioteca municipal de Mah\u00f3n. Ao abrilo fago a viaxe \u00e1 inversa, e sinto o latexado da c\u00e1lida e prematura primavera balear. Don \u00c1lvaro fala con grandes xestos grandilocuentes, coma se fose un director de orquestra. A americana desabrochada, o n\u00f3 da gravata afr\u00f3uxase. O vi\u00f1o corre sen complexos. O fume dos cigarros xera unha atmosfera bohemia, literaria, con aire parisiense. Escoit\u00e1ndoos descubro que o noso autor \u00e9 un reputado gastr\u00f3nomo, con alg\u00fan libro sobre a coci\u00f1a galega. Ao mesmo tempo comezan a degustar unha boa variedade de tapas. Levantando a man fai eloxio dunha primorosa tapa de polbo \u00e1 galega. O pemento destaca sobre a branca carnosidade das talladas. O aceite de oliva brilla baixo os d\u00e9biles focos do teito. Logo aparece unha bandexa de luri\u00f1as enceboladas. Os comensais esg\u00f3rxanse en gabanzas cara a Elixio, o dono, que mostra unha evidente e familiar complicidade. M\u00e1is vi\u00f1o e m\u00e1is inspiraci\u00f3n. A velada est\u00e1 na cima. A literatura queda ao car\u00f3n e prevalece a gastronom\u00eda, o mundo dos sentidos. Co vi\u00f1o a camarader\u00eda multipl\u00edcase exponencialmente. Don \u00c1lvaro destila sabedor\u00eda, estilo, grandilocuencia, humanidade. O \u00fanico que se me ocorre \u00e9 pedir tam\u00e9n aquelas luri\u00f1as enceboladas que conquistaran o seu educado padal. E eu tam\u00e9n sucumbo \u00e1s sensaci\u00f3ns corporais, \u00e1s bondades do vi\u00f1o. Cando me sinto o suficientemente ebrio como para borrar a vergo\u00f1a e o complexo, decido achegarme co libro na man, para&#8230;achegarme.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u2013 Don \u00c1lvaro, ejem&#8230;eh, eh\u2026<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">v\u00edrase cara ao meu, e percibo o seu magnetismo. Parece o abade dun convento, un senador romano. \u2013 Poder\u00eda, poder\u00eda\u2026<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Det\u00e9\u00f1ense as palabras con todas as miradas enfocadas en min. Por sorte ve o libro e c\u00f3lleo cun xesto decidido e veloz.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u2013 Ve\u00f1a trae ese libro aqu\u00ed\u2026<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0Estampa a s\u00faa firma, un trazo inintelixible, pero cheo de significado emocional. Por sorte non chegou a ver o selo furtivo. Xa non puiden dicir nada m\u00e1is. Retireime ao meu recuncho asc\u00e9tico e segu\u00edn bebendo, tentando captar os efluvios de sabedor\u00eda daquel home. Ped\u00edn m\u00e1is vi\u00f1o e resist\u00edn ata o final. Dous anos m\u00e1is tarde falecer\u00eda \u00e1 temper\u00e1 idade de sesenta e nove anos. En homenaxe a ese gran escritor, fixen aquela mesma ruta infinidade de veces, co libro autografado debaixo do brazo, visualiz\u00e1ndoo na mesa do Elixio, sa\u00edndo do seu portal, tentando imaxinar o seu despacho, a s\u00faa biblioteca, a s\u00faa inspiraci\u00f3n. Cami\u00f1o polas empinadas r\u00faas viguesas seguindo a sombra da s\u00faa rotunda presenza. As veces, contemplando a escultura que lle erixiron en Bouzas, d\u00e1me a va impresi\u00f3n de que se vai arrancar a cami\u00f1ar, que me vai saudar, de que vai revivir. Acabei por ler gran parte da s\u00faa obra: O xa citado volume <i>As cr\u00f3nicas do Sochantre<\/i> (premio nacional da cr\u00edtica), <i>Merl\u00edn e familia<\/i>, <i>Se o vello Sinbad volvese \u00e1s illas, Escola de menci\u00f1eiros, Xente de aqu\u00ed e acol\u00e1 e Un home que se parec\u00eda a Orestes<\/i> (premio Nadal 1968). Ademais de narrativa, na que se nota unha clara ascendencia l\u00edrica, escribiu poes\u00eda, teatro e foi un incansable articulista.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>C\u00e9sar Alen.\u00a0Corr\u00eda o ano 79 do s\u00e9culo pasado. Con todo, o que poder\u00eda parecer unha laxa, para min sup\u00f3n unha perspectiva hist\u00f3rica ampl\u00edsima. Que riqueza vivir. Un d\u00eda de calor deambulaba entre as agrestes e secretas calas menorquinas. Era tal a calor que decid\u00edn refuxiarme da calima nunha fresca biblioteca de Mah\u00f3n. Rebusquei distraidamente ata &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=9269\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Tras os pasos de Cunqueiro<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[82,7,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9269"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=9269"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9269\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":9273,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9269\/revisions\/9273"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=9269"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=9269"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=9269"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}