{"id":9696,"date":"2018-10-09T06:00:27","date_gmt":"2018-10-09T06:00:27","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=9696"},"modified":"2018-09-30T09:09:46","modified_gmt":"2018-09-30T09:09:46","slug":"moitos-anos-despois-os-libros-de-antia-cal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=9696","title":{"rendered":"Moitos anos despois&#8230;: os libros de Ant\u00eda Cal"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/09\/librodosnenos.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignleft size-full wp-image-9697\" alt=\"librodosnenos\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/09\/librodosnenos.jpg\" width=\"220\" height=\"229\" \/><\/a><em><strong>Pilar Sampedro.\u00a0<\/strong><\/em>Moitos anos despois, fronte ao p\u00fablico asistente \u00e1 presentaci\u00f3n, Ant\u00eda Cal tapa a cara nun xesto emotivo; cando o fillo lle fai demanda de descubrirse, afirma: \u201cEl ti\u00f1a que estar aqu\u00ed\u201d, e ese \u201cel\u201d \u00e9 o Ant\u00f3n Beiras, que asina con ela o libro. Todo o que ten que ver con Ant\u00eda e o seu home ten esta carga de afectividade e dignidade que non deixan de sorprendernos. Unha parella que vai da man en todo o importante, ata o punto de que Ant\u00eda titula as s\u00faas memorias<i> Este cami\u00f1o que fixemos xuntos.<!--more--><\/i> Isto fix\u00e9rase tam\u00e9n evidente no documental de Miguel Pi\u00f1eiro, <i>A palabra xusta<\/i>, cando se nos revelan as cartas de Ant\u00f3n \u00e1 s\u00faa muller que serven de fondo ao relato cinematogr\u00e1fico; as reflexi\u00f3ns deste m\u00e9dico galeguista son lecci\u00f3ns de \u00e9tica e cari\u00f1o en estado puro. Ant\u00f3n Beiras, que provi\u00f1a das xuventudes galeguistas, \u00e9 a persoa a quen lle dedica o pol\u00edtico Xos\u00e9 Manuel Beiras o seu libro, <i>O atraso econ\u00f3mico da Galiza, <\/i>e nada \u00e9 gratu\u00edto: o respecto que Beiras sente polo seu t\u00edo vai m\u00e1is al\u00e1 dun aval.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>O arte e a s\u00faa historia <\/i>(Laiovento, 2017) asinado por Ant\u00eda Cal e Ant\u00f3n Beiras comeza cun retrato de Ant\u00eda realizado por Seoane, outro de Ant\u00f3n debuxado por Laxeiro e unha fotograf\u00eda de ambos no P\u00f3rtico da Gloria reflectindo o seu interese art\u00edstico que, xunto co af\u00e1n did\u00e1ctico, os leva a redactar esta obra.<i> <\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/09\/arte.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-full wp-image-9698\" alt=\"arte\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/09\/arte.jpg\" width=\"184\" height=\"273\" \/><\/a>O libro est\u00e1 escrito coma se un narrador se dirixise a un rapaz e lle fose contando o que \u00e9 a arte e os artistas; vaille falando de cada un dos estilos art\u00edsticos, facendo un percorrido desde a Prehistoria ata a actualidade daquela d\u00e9cada dos cincuenta na que foi escrito. Completa o relato un anexo fotogr\u00e1fico coas referencias bibliogr\u00e1ficas dos libros ou revistas das que son extra\u00eddas as imaxes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tr\u00e1tase dunha historia da arte escrita hai m\u00e1is de sesenta anos, dirixida \u00e1 infancia, redactada en galego e analizando a arte universal sen perder de vista nunca desde onde se parte: da cultura e a arte galega.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><i>O libro dos nenos <\/i>(Deputaci\u00f3n de Lugo, 2018) aparece asinado unicamente por Ant\u00eda Cal, a\u00ednda que recolle un cap\u00edtulo \u201cSobre da hixiene\u201d, da autor\u00eda de Ant\u00f3n Beiras. Neste caso tr\u00e1tase dunha enciclopedia na que se fala da formaci\u00f3n do mundo, a xeograf\u00eda descritiva de cada un dos continentes, e Galiza.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A voz narrativa \u00e9 a mesma do libro anterior, unha persoa adulta que se dirixe a un neno ao que vai levando polo cami\u00f1o do saber universal sen perder nunca de vista o pa\u00eds ao que pertence. \u00c9 a voz do que ensina ao servizo do compromiso coa educaci\u00f3n e coa identidade galega. Un texto que ve a luz \u201cmoitos anos despois\u201d, como comezaba Garc\u00eda M\u00e1rquez os <i>Cien a\u00f1os de soledad.<\/i><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pilar Sampedro.\u00a0Moitos anos despois, fronte ao p\u00fablico asistente \u00e1 presentaci\u00f3n, Ant\u00eda Cal tapa a cara nun xesto emotivo; cando o fillo lle fai demanda de descubrirse, afirma: \u201cEl ti\u00f1a que estar aqu\u00ed\u201d, e ese \u201cel\u201d \u00e9 o Ant\u00f3n Beiras, que asina con ela o libro. Todo o que ten que ver con Ant\u00eda e o &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=9696\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Moitos anos despois&#8230;: os libros de Ant\u00eda Cal<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,69],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9696"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=9696"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9696\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":9699,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9696\/revisions\/9699"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=9696"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=9696"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=9696"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}