{"id":9778,"date":"2018-10-10T06:00:02","date_gmt":"2018-10-10T06:00:02","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=9778"},"modified":"2018-10-08T10:40:00","modified_gmt":"2018-10-08T10:40:00","slug":"as-tias-de-londres","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=9778","title":{"rendered":"As t\u00edas de Londres"},"content":{"rendered":"<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/10\/1927_Eugenia_Dunbar_Moose_Mar\u00eda.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-9779 alignright\" alt=\"1927_Eugenia_Dunbar_Moose_Mar\u00eda\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/10\/1927_Eugenia_Dunbar_Moose_Mar\u00eda-300x261.jpg\" width=\"300\" height=\"261\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/10\/1927_Eugenia_Dunbar_Moose_Mar\u00eda-300x261.jpg 300w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/10\/1927_Eugenia_Dunbar_Moose_Mar\u00eda-344x300.jpg 344w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/10\/1927_Eugenia_Dunbar_Moose_Mar\u00eda.jpg 865w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><em><strong>Mois\u00e9s Su\u00e1rez.\u00a0<\/strong><\/em>Durante toda a mi\u00f1a vida aquel retrato formou parte da sobria decoraci\u00f3n do noso comedor provinciano. Conviviu coa mi\u00f1a infancia e a mi\u00f1a xuventude naquel piso que compartiamos maiormente mi\u00f1a nai e mais eu. Lola, a irm\u00e1 pequena, pasaba a maior parte do ano en Asturias naquel internado e a presencia de pap\u00e1 na casa era testemu\u00f1al. <!--more-->Unha semana polo Nadal e 15 d\u00edas en Agosto polo San Lorenzo, nas festas da aldea. O resto do ano naquel piso viviamos mam\u00e1, eu e o retrato das t\u00edas xogando cos parrulos.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\">Viviamos ben. Pap\u00e1 desde Londres pasaba puntualmente una xenerosa cantidade que co cambio das libras nos permit\u00eda levar unha vida desafogada. O soldo que el cobraba traballando de mordomo daquel Lord case chegaba \u00edntegro a nosa casa pois el, coma sempre dic\u00eda, viv\u00eda coma un se\u00f1or sen gastar un peso gracias \u00e1 xenerosidade do seu xefe. Puntualmente chegaban os cartos e puntualmente chegaban tam\u00e9n paquetes cheos de marmeladas, galletas, perfumes, e para min camisas e xerseis \u00e1 \u00faltima moda. O de que eran \u00e1 \u00faltima moda tardei en sabelo. Nun principio resultaban bastante extravagantes e ti\u00f1a que aguantar a mofa dos meus compa\u00f1eiros cando chegaba de estrea ao colexio. Pero pouco a pouco funme decatando de que, logo do impacto inicial, ao cabo duns meses, aqueles polos e xerseis po\u00f1\u00edanse de moda tam\u00e9n na mi\u00f1a cidade e todos devec\u00edan por imitar o meu estilo. P\u00f3dese dicir que, para daquela e gracias aos env\u00edos de papa, eu era o que hoxe chaman un \u201c influencer\u201d.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\">As\u00ed fun medrando. Na casa con mam\u00e1, triste e silenciosa, coa presenza cada vez m\u00e1is sombr\u00eda de mi\u00f1a Irm\u00e1 e coa algarab\u00eda puntual das visitas de pap\u00e1 sempre alegre e vestindo aqueles traxes estrafalarios e con camisas de cores imposibles cando vi\u00f1a \u00e1s festas en Agosto. E co retrato das mi\u00f1as t\u00edas de Londres que, ao parecer, foran as que lle conseguiran aquel choio a meu pai na P\u00e9rfida Albi\u00f3n.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\">Pouco antes de marchar a estudar \u00e1 capital, precisamente nas festas do ver\u00e1n coa familia, algo descolocou toda aquela rutina familiar. Meu t\u00edo Lu\u00eds pux\u00e9rase un pouco pesado e rufo polo vi\u00f1o, e comezara a meterse coa camisa vermella que levaba pap\u00e1. Nun principio todos riron co brinquedo, pero pouco a pouco o da camisa foi a m\u00e1is. Meu t\u00edo p\u00faxose a rosmar fantas\u00edas de como deb\u00eda de ser a vida de meu pai en Londres naquel castelo e pronto derivou cara ao terreo enlamado dos supostos cornos que deb\u00eda de estar po\u00f1\u00e9ndolle \u00e1 mi\u00f1a nai.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\">Ben. Na mi\u00f1a mente pasaba de cando en vez a idea de que tal vez pap\u00e1 tivese os seus apa\u00f1os por Inglaterra. Non ser\u00eda de estra\u00f1ar, e ata creo que mama poder\u00eda sospeitar, pero a aquela altura\u2026.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\">Ese d\u00eda meu t\u00edo Lu\u00eds teimaba e teimaba. Mof\u00e1base de algo referido \u00e1s mi\u00f1as t\u00edas da foto e tam\u00e9n insist\u00eda en que \u00e1 s\u00faa idade pap\u00e1 ti\u00f1a que estar xa xubilado e que non era normal que non quixera volver para a terra coma o resto dos que andaban por f\u00f3ra. Pas\u00e1balle a man polo ombreiro e choscaba o ollo cara ao resto dos convidados. Daquela meu pai esbourou. Empurrouno e tirouno do banco ante o silencio de todos os comensais, bisbou algo en ingl\u00e9s e logo marchou cara o h\u00f3rreo prendendo un pito mentres o resto axudaba a erguer a meu t\u00edo Lu\u00eds. <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\">A cousa non foi a m\u00e1is e tardei a\u00ednda un tempo en saber que en realidade non exist\u00edan ningunhas t\u00edas na Gran Breta\u00f1a. Para daquela eu estudaba xa en Madrid e traballaba pola noite nun tugurio de Chueca. As mi\u00f1as preocupaci\u00f3ns eran xa outras. Unha estra\u00f1a enfermidade comezaba a facer estragos entre o meu c\u00edrculo de amigos, e Carlos, a mi\u00f1a parella de ent\u00f3n, atop\u00e1base mal. Por iso non prestei toda a atenci\u00f3n cando me fixeron part\u00edcipe de toda a verdade da historia sobre a foto e a vida de pap\u00e1 en Londres. Carlos morreu ao pouco, e case ao mesmo tempo chegaron noticias de que a mesma enfermidade estaba a acabar co meu pai .<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-size: medium;\">A\u00ednda hoxe me arrep\u00eda reco\u00f1ecer a mirada de pap\u00e1 vestido de muller naquela foto que mi\u00f1a nai veneraba e que segue a presidir a mi\u00f1a nova casa.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mois\u00e9s Su\u00e1rez.\u00a0Durante toda a mi\u00f1a vida aquel retrato formou parte da sobria decoraci\u00f3n do noso comedor provinciano. Conviviu coa mi\u00f1a infancia e a mi\u00f1a xuventude naquel piso que compartiamos maiormente mi\u00f1a nai e mais eu. Lola, a irm\u00e1 pequena, pasaba a maior parte do ano en Asturias naquel internado e a presencia de pap\u00e1 na &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=9778\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">As t\u00edas de Londres<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[32,86,9],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9778"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=9778"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9778\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":9783,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9778\/revisions\/9783"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=9778"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=9778"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=9778"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}