{"id":9999,"date":"2018-11-16T06:00:29","date_gmt":"2018-11-16T06:00:29","guid":{"rendered":"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=9999"},"modified":"2018-11-12T07:46:34","modified_gmt":"2018-11-12T07:46:34","slug":"os-anos-da-loucura","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=9999","title":{"rendered":"Os anos da loucura"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/resize-1524481009.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-medium wp-image-9998 alignright\" alt=\"resize-1524481009\" src=\"http:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/resize-1524481009-191x300.jpg\" width=\"191\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/resize-1524481009-191x300.jpg 191w, https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/resize-1524481009.jpg 511w\" sizes=\"(max-width: 191px) 100vw, 191px\" \/><\/a><em><strong>X. Ricardo Losada.\u00a0<\/strong><\/em>En 1892, tres anos despois de que Nietzsche perdese o xu\u00edzo, Franziska, a nai, escr\u00edbelle unha carta a Franz Overbeck, un dos grandes amigos do fillo, para contarlle como transcorren os d\u00edas na vida do fil\u00f3sofo alem\u00e1n. Tras revelarlle que \u00e9 un paciente moi querido, ao que s\u00f3 dan ganas de acaricialo, pero que non mellora, escribe: \u201cDi todo con amabilidade e ri como nos seus d\u00edas de maior sa\u00fade. S\u00f3 durante os paseos ten para si unha cara de risa que non lle senta nada ben. Por\u00e9n, eu d\u00e9ixoo, porque d\u00e9benselle arrincar da alma imaxes agradables. E s\u00f3 cando nos atopamos con algu\u00e9n rec\u00f3rdolle <i>que po\u00f1a a s\u00faa ben parecida e seria cara de profesor,<\/i> e case sempre a pon.<!--more--> Pero con frecuencia parece non entender ben o que quero que faga\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Tras ler este par\u00e1grafo, veume \u00e1 cabeza un famoso texto de Nietzsche que me impresionara cando o lera por primeira vez sendo estudante: \u201cEu fixen a mi\u00f1a vontade de estar san e de vivir unha filosof\u00eda. Porque, at\u00e9ndase a isto, os anos en que a mi\u00f1a vitalidade foi m\u00e1is baixa resultaron ser precisamente aqueles en que deixei de ser pesimista: o instinto que me impulsaba a restablecerme imped\u00edame ter unha filosof\u00eda baseada na pobreza e o desalento\u201d. Como todos os textos de Nietzsche, atrapoume nun paradoxo insondable. Os per\u00edodos optimistas foron os seus per\u00edodos menos vitais. Os pesimistas, os m\u00e1is vitais, xa que o instinto que o impulsaba a superar ese pesimismo non o deixaba ser pesimista. Pareceume un pensamento tan estra\u00f1o que as preguntas comezaron a brotar na mi\u00f1a mente. De onde vi\u00f1a ese instinto? Por que aparec\u00eda nunhas persoas e noutras non? E, m\u00e1is relevante a\u00ednda, non poder\u00eda cualificarse ese instinto como optimista e, xa que logo, Nietzsche non viv\u00eda, como pensaba, nunha \u00e9poca pesimista? E, se era as\u00ed, estaba Nietzsche facendo trampa coas palabras para poder expresar o seu pensamento como un (aparente, s\u00f3 aparente) paradoxo?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Tardei en decatarme de que todas esas preguntas, obsesionadas con mirar o mundo desde a coherencia l\u00f3xica e ilustrada, non ti\u00f1an moito sentido no \u00e1mbito en que Nietzsche se mov\u00eda. O seu pensamento non busca eliminar a contradici\u00f3n e o paradoxo, busca facelo m\u00e1is amable e entra\u00f1able, como era o propio fil\u00f3sofo por debaixo das m\u00e1scaras de exabruptos coas que se enfrontaba ao mundo, para que nos guste vivir nel. Nietzsche non quer\u00eda ser un profesor con esa cara seria e ben parecida que lle esix\u00eda a nai, mesmo nos anos de loucura, cando estaba en p\u00fablico. Quer\u00eda ser un profesor con esa cara riso\u00f1a que te\u00f1en as persoas pesimistas dominadas por un instinto que lles impide ter esa expresi\u00f3n de pobreza e desalento que te\u00f1en a maior\u00eda dos profesores e profetas e pol\u00edticos que venden (falso) optimismo. Como el mesmo dixo moitas veces, quer\u00eda ser recordado como un buf\u00f3n, non como un santo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X. Ricardo Losada.\u00a0En 1892, tres anos despois de que Nietzsche perdese o xu\u00edzo, Franziska, a nai, escr\u00edbelle unha carta a Franz Overbeck, un dos grandes amigos do fillo, para contarlle como transcorren os d\u00edas na vida do fil\u00f3sofo alem\u00e1n. Tras revelarlle que \u00e9 un paciente moi querido, ao que s\u00f3 dan ganas de acaricialo, pero &hellip; <a href=\"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/?p=9999\" class=\"more-link\">Seguir lendo <span class=\"screen-reader-text\">Os anos da loucura<\/span> <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_topic_count_hidden":0,"_bbp_reply_count_hidden":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"_exactmetrics_skip_tracking":false,"_exactmetrics_sitenote_active":false,"_exactmetrics_sitenote_note":"","_exactmetrics_sitenote_category":0,"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0},"categories":[7,9,26],"tags":[],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9999"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=9999"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9999\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10009,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9999\/revisions\/10009"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=9999"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=9999"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cafebarbantia.barbantia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=9999"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}