Todolos artigos de: cafebarbantia

Comemos con medo?

BAnqueteFrancisco Ant. Vidal Blanco. Cóntase que o alcalde coruñés, Alfonso Molina, famoso entre outras cousas polo seu bo saque, acudiu en certa ocasión a un banquete e puxéronlle queixo da Arzúa na sobremesa. Véndoo comer un dos asistentes preguntoulle: ”Don Alfonso, vostede non pela o queixo?”. Ó que el respondeu: “E pela vostede o pan?”. Se fose hoxe, don Alfonso pelaría o queixo, tal e como recomendan as etiquetas, e se non pelaba o pan era porque lle gustaba sentir o crocante estalo da codia. Continue reading Comemos con medo?

Viaxe na procura dun sentido ontolóxico

Cuberta_XVI_Premio_Poesía_AfundaciónRomán Arén. É xa moi firme a traxectoria poética de Gonzalo Hermo, quen, tras Crac e Celebración, edita agora A vida salvaxe, pero o fío que vencella as anteriores entregas segue aínda presente nesta busca do sentido da vida e do paso do tempo que a configura. Unha viaxe a través da escrita na procura dun sentido ontolóxico que é, asemade, persoal e universal. Mais ese transcorrer da vida humana non está só perante o tempo, está tamén a carón da natureza, noutro tempo, antigo e eterno a un tempo. O poemario descoloca o lector ao comezar polo epílogo, que apunta coma unha frecha o sentido profundo do libro: a escoita do atemporal, que, non obstante, se mestura coas experiencias biográficas do eu lírico e coas etapas da Humanidade. Continue reading Viaxe na procura dun sentido ontolóxico

Un grafite impuro

UN GRAFITE IMPUROX. Ricardo Losada. Leo nun artigo de prensa que as culturas non occidentais xa non fan obxectos decorativos ou artesanías para consumo interno, e moito menos aínda para prácticas rituais, senón para vendérllelos aos turistas. Mágoa. E non só porque implique a perda de moitas tradicións propias, e a mercantilización dun tipo de arte moi peculiar, senón por un problema artístico. Os nativos crean obxectos ou estéticas acordes cos prexuízos que os turistas teñen sobre esas culturas, desvirtuándoas totalmente. Pasa o mesmo coas comidas. Vas a China e non probas a comida que toman os chineses. Tomas a comida chinesa preparada para o gusto occidental. Continue reading Un grafite impuro