Javier Peteiro. “Nada máis puro, e sen opor ningún pero, o aire que respira o universo en cada ser, a vibración e o ritmo en cada único verso (Fidel Vidal)”. A alma resoa, como dicía F. Cheng, e parece facelo co universo, no verso. No novo libro de Fidel Vidal estamos ante unha “forma de gozo”, como el mesmo sinala. A poesía de Xulio L. Valcárcel é tomada por Fidel como fío condutor da súa reflexión, como unha senda desde a que dirixir a súa mirada, en liberdade, que, por selo, ten que ser ampla, facéndose incluso libertinaxe cando de se trata de reflexión, como el mesmo di ao principio. Seguir lendo A sombra da cinza, de Fidel Vidal
Arquivo da categoría: Javier Peteiro
Unha reflexión sobre Ética da desorde, de Ignacio Castro
Javier Peteiro. Moi recentemente viu a luz unha obra de Ignacio Castro Rey. O seu título, “Ética del desorden. Pánico y sentido en el curso del siglo”, chama a atención porque é difícil imaxinar a priori que é unha ética da desorde. Imos vendo a medida que lemos. O texto, no que apenas se usa o termo “ética”, suxire que esta ten unha forte relación con mostrar a desorde mesma e a súa importancia vital. Unha desorde do mundo, desorde do ser humano, que facilita a creatividade e o amor, e que é asfixiado por imposicións reguladoras do tempo de traballo e de vida, do modo de linguaxe, de todo o que abrangue á civilización. E é ao mostrar esa desorde que vemos como “la rutina, la inercia de lo familiar es indispensable para vivir, pero también es el peor enemigo de lo primero, la percepción” Seguir lendo Unha reflexión sobre Ética da desorde, de Ignacio Castro