César Alen. Falamos dunha das pioneiras do feminismo como a famosa e mediática Simone de Beauvoir. Os traballos da escritora foron unha acicate, a punta de lanza da loita feminista. Ela como ninguén comprendeu o papel que debería xogar a muller, a sua natureza esencial, ou sobre todo a necesidade fundamental de adoptar unha posición política. Facerse visible, tentar colocarse no taboleiro, saír a escena é en si mesmo un acto político, como ben dicía a activista norueguesa Toril Moi. Continue reading O activismo de Emilia Pardo Bazán
Arquivos da categoría César Alen
Unha habitación propia
César Alen. Este libro de Virginia Woolf está considerado un dos primeiros textos feministas, xunto ao imprescindible Segundo sexo de Simone de Beauvoir. A literatura é un espazo perfecto de representación teórica. Nos libros reflíctense as condicións da sociedade, as súas distintas perspectivas vitais, os rexistros políticos e as tendencias ideolóxicas. Foi precisamente un grupo de profesoras, escritoras, editoras as que, tras analizaren a literatura da época, detectaron o papel marxinal da muller, a súa escasa presenza. Tras esa detección dunha evidencia, ben escondida nunha literatura eminentemente dominada polos homes Continue reading Unha habitación propia
Os libros arden mal
César Alen. Parece que volve a época das rifas, das crueis vinganzas. Alguén está empeñado en rememorar tempos aciagos. O curioso de todo isto, é que se retorce a historia ata a absoluta falacia, como o imposible escorzo dun contorsionista. A ninguén parece importarlle desmentir a historia, a constatación dos feitos. Pode máis a xenreira, a provocación, o agradar aos teus, e se para iso hai que mentir non importa. A mentira é o dogma dos novos tempos. Facianas envilecidas e envelenadas, rictos cargados de rabia, ollos inxectados. A mentira penetra na pedra máis dura, cerebros permeables. De novo sae á boia a mala baba dos que foron gañadores, pero hoxe son perdedores. Continue reading Os libros arden mal
Nova York en José Martí
César Alen. A poesía, en certo xeito, foi o acicate da revolución cubana, e doutras moitas por suposto. Que razón tiña Gabriel Celaya cando dicía que “a poesía era unha arma cargada de futuro”. Primeiro foi a súa formación intelectual, deixar atrás a simplicidade do pai, a basta conduta militar. Un mentor culto e idealista (iso é o que todos necesitariamos). Mendive era o seu nome. Plantou unha semente, algo que parecía insignificante, pero que chegou moi lonxe, á culminación da revolución castrista. Outro punto de inflexión foi a súa viaxe a Nova York. Aquela mastodóntica urbe esmagouno, deixouno sen folgos, someteuno, subxugouno. Continue reading Nova York en José Martí