Fernando Salgado. Os guindastres sobresaen nos extremos de dous cargueiros holandeses de cor verde situados no medio do mar. Uns operarios enganchan nos extremos das súas plumas a carga, entre tres e catro barrís de 200 litros de capacidade cada un deles. Continue reading Viaxe á Fosa Atlántica
Eu son A, de Steve Tasane traducido por Carlos Acevedo e publicado por Factoría K Narrativa.
Pilar Sampedro. “Unha novela para rapaces que todos os adultos berían ler”, di a presentación editorial. Unha obra, escrita por alguén marcado por unha infancia pobre e polo abandono do pai (un refuxiado). Polo tanto, o autor sabe do que fala cando novela a historia duns nenos en situación extrema. Á ferida do pasado engádese a sensibilidade actual porque se di poeta, novelista e activista, e porque ademais nos conta que se ve impelido a escribir a historia despois de ver un vídeo no que dous irmáns celebran a descuberta dunhas faragullas na lama dun campo de refuxiados.
Antonio Rodríguez Fraga, avogado e xornalista do Son
Pastor Rodríguez. Non foi un escritor importante, pero si un dos moitos galegos emigrados que se dedicou ao xornalismo en América. Antonio Rodríguez de Fraga e Fraga nacera en Porto do Son o 12 de frebreiro de 1880, e non en 1888 como asegura Alberto Vilanova. Emigrado na Arxentina en 1909, cando xa era licenciado en Dereito pola universidade de Compostela, nese país desenvolveu múltiples actividades: viaxante de tecidos, pintor, escultor en madeira, astrónomo e fotógrafo. Continue reading Antonio Rodríguez Fraga, avogado e xornalista do Son
Conversas de escaparate. Puchas
Fidel Vidal. -Velaquí estamos. Puchas sen cara nas cabezas sen corpo no que descansar.
-Mais con historias que contar. Ou descontar.
-Canto máis vellos son os recordos máis novas as vivencias nas que se apoian.
-Lembranzas de cando eramos novos…
-Uns vellos ateigados de vellas e esfareladas imaxes.
-Cada un fala por si. Continue reading Conversas de escaparate. Puchas