Mariña Pérez Rei. Adoita presentarse o traballo poético coma unha angueira individual, non exenta de misticismo e de halos bucólicos. Como moito, unha suma antolóxica e taxada de varios creadores exentos. Poucas veces se fala do elo que une autores e autoras, do traballo horizontal que nos alimenta, da conexión, da confluencia, das pontes que nos conectan. Sen menosprezar o esforzo individual, deberiamos recoñecer cando menos que a literatura ten moito máis peso colectivo do que se lle outorga, e que a autoría é unha creación relativamente moderna que medra ao amparo do selfie e do copyright. Continue reading Non nos intimida acariñar o elefante
Melas 10-VI-2010/13-V-2022.
Uxía Casal. Malia os sustos que nos deu ao longo da súa privilexiada existencia, Melas foi zafando de todos eles e gozou da súa caninidade con plenitude. Desde aquela boliña de pelo negro, fino e brillante que choraba na palma da man aos trinta e pico quilos de cadela en que se converteu Continue reading Melas 10-VI-2010/13-V-2022.
O nigromante, ensaio para un conto de terror
Domingo Regueira. Nunha sesión de control, as rústicas forman un cono truncado na praza do Rueiro para indagar sobre a entidade dun foráneo, que ven establecerse no barrio.
Con ollares de pelouro e bocas de asubío, polo branco do ollo reparan unha solaina.
—Din que alugaron a casa!
—Pois…, disque si; e quen vén para ela?
—Falan dun necrófago. Continue reading O nigromante, ensaio para un conto de terror
Seleccións temáticas de libros infantís e xuvenís
Pilar Sampedro. Neste afán por dar a coñecer seleccións bibliográficas ao redor dunha determinada temática, de forma que as familias, os centros educativos,as bibliotecas públicas e todas aquelas persoas interesadas nesta produción teñan acceso aos títulos máis representativos, GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Galego) pon á súa disposición unha nova Guía, neste caso, relacionada co medio ambiente. Clorofila en letra para curar o planeta é o seu título. Pártese da necesidade de que a rapazada se comprometa coa natureza, unha vez que se ten demostrado que os Estados e os seus Gobernos están máis interesados nas cuestións económicas e de mercado que en deixarlles o planeta nas mellores condicións. Continue reading Seleccións temáticas de libros infantís e xuvenís