
María Xesús Blanco. Hai uns días soñei coa biblioteca da miña infancia. Con aquel lugar ateigado de libros acabados de estrear. Soñei con ela e coa ollada entusiasta da súa bibliotecaria. No soño había nenos e nenas a falar en voz alta e a facer moito rebumbio. Remexían os andeis e amosaban unha grande excitación ao tempo que ollaban e tocaban o que había neles. Dende biosbardos extraviados nun comic de Astérix e Obélix a elementos da táboa periódica conversando ao abeiro dunha fotografía de Marie Curie. E sentada nunha cadeira estaba a bibliotecaria. Cun aceno de perplexidade tentaba minguar o contaxio de tanto alborozo. Eu, mantíñame á marxe, como se estivese a velos a través dunha xanela. Seguir lendo A bibliotecaria