Arquivo da categoría: Dolores Villaverde

Escultores de Noia no neoclasicismo galego

Escultores de NoiaDolores Villaverde. Escribía D. José Couselo Bouzas na súa Galicia artística en el siglo XVIII y primer tercio del XIX  que  “la hermosa y atrayente villa de Noya ha contado en todo el  siglo XVIII y parte del XIX con un número relativamente grande de artistas…”. Non se enganaba, pois chama a  atención por ser a vila de Galicia máis prolífica en canto a actividade artística se refire nesas décadas. De feito, a  maior parte dos artistas, sobre todo escultores, que traballan para a  diocese de Santiago proceden de aí. É indiscutible que o máis  popular foi Xosé Ferreiro, pero pode ser interesante  dar a coñecer outros nomes que non deben quedar no esquecemento, e que tamén nacen ou se forman en Noia. Seguir lendo Escultores de Noia no neoclasicismo galego

O escultor noiés máis internacional do século XVIII: Felipe de Castro

felipe de castroDolores Villaverde. Unha vez máis, coma en varias ocasións do que se leva publicado no suplemento A voz de Barbantia, será a vila de Noia o berce do autor que imos  lembrar nestas  Letras da Arte, Felipe de Castro, quen foi non só un artista distinguido no noso país senón que chegou a ser dos máis importantes de España, e incluso de Italia, converténdose nun tallista mundialmente coñecido, pero que hoxe en día para os “profanos” na historia da arte posiblemente sexa un  descoñecido, quizais porque destacou sobre todo fóra de Galicia. Sábese que naceu en Noia no 1711, manifestando dende neno a súa vocación pola escultura. Seguir lendo O escultor noiés máis internacional do século XVIII: Felipe de Castro