Arquivo da categoría: Elisa Lobeira

Pombas e flores. Poesía en voz baixa

poemasnenos1Elisa Lobeira. O meu título alude, claro é, ao primeiro poema rosaliano de Follas Novas, do libro “Vaguedás”: “Daquelas que cantan as pombas i as frores,/todos din que teñen alma de muller./Pois eu que n’as canto, Virxe da Paola,/¡ai!, ¿de qué a terei?.” Versos rosalianos estes que tanto deron que dicir a todas as feministas: rexeitamento do gueto no que os homes (e algunhas mulleres) querían coutar as mulleres poetas. Comeza pois o “libro” primeiro de Follas novas, un “libro”, Vaguedás, metapoético, cunha pedrada na fronte do patriarcado. Pero, sempre hai pero, rosalía tamén cantou as flores e como exemplo de En las orillas del Sar: “En mi pequeño huerto/brilla la sonrosada margarita,/tan fecunda y humilde/como agreste y sencilla”. Seguir lendo Pombas e flores. Poesía en voz baixa

Violeta Ventureira

violeta-agresteElisa Lobeira. A editorial de Xixón Satori está a facer un gran labor de promoción da cultura xaponesa, sobre todo a través da colección “Maestros del Haiku”, que recomendo Violeta agreste (2016) da poetisa CHIYO (1703-1775), a máis salientable cultivadora do haiku dos séculos XVIII e XIX. A tradución, a escolma e a introdución son de Fernando Rodríguez-Izquierdo y Gavala, un sevillano graduado pola universidade de Sophia de Tokio en 1965, profesor da hispalense entre 1975 e 2006, un verdadeiro especialista nesta poesía tan regulamentada, tan sutil e tan difícil de pór noutra lingua. Visualiza agora unha muller sobre a que hai moitas incógnitas, que quizais foi monxa budista xa na madurez. Seguir lendo Violeta Ventureira

Muller e exilio: María Casares

casares1Elisa Lobeira. Por sorte son máis cada mes que pasa para os estudos sobre o exilio da Guerra Civil, a nivel galego e a nivel hispánico e, para o caso das mulleres, en castelán, hai xa bos libros de Antonina Rodríguez (Mujer y exilio, 1999) e doutras estudosas da resistencia, como son os casos de F. Román Alfaro (El silencio roto: mujeres contra el franquismo, 1994) e Tomasa Cuevas Gutiérrez (Mujeres de la resistencia), sen esquecer os traballos de P. Domínguez Prats (Voces del exilio. Mujeres españolas en México, 1939-1950, 1994) e o volume Nuevas raíces. Seguir lendo Muller e exilio: María Casares

Rosa tántrica

rosa tantricaElisa Lobeira. A matriarca das letras galegas, Luz Pozo Garza, ofrécenos, aos 94 anos, unha nova entrega poética, Rosa tántrica (Santiago, Alvarellos, 2016). Un diálogo con Jorge Luis Borges, a partir do relato do arxentino “La rosa de Paracelso”. Acostumada a dialogar, en verso ou en prosa, con moitas das nosas grandes voces poéticas (Rosalía, Pimentel, Martín Codax, Seoane, Manuel Antonio), ábrese agora ao autor de El Aleph para crear un novo universo poético, en perfecto equilibrio entre o clásico e o novo, entre o noso e o alleo. E como Borges, xa dende o título, mergúllase no budismo (é difícil non lembrar a Eduardo Moreiras), na enerxía do ciclo que abanea entre a vida e a morte. Seguir lendo Rosa tántrica