X. Ricardo Losada. O Campo de Arriba é a alameda. Plátanos, bancos de pedra, parque infantil, fonte. O Campo de Abaixo é o centro neurálxico. Cafeterías, bancos de crédito, inmobiliarias, servizos administrativos, coches. A historia contemporánea de Rianxo é a historia dunha longa posguerra, tras a vitoria do Campo de Abaixo sobre o Campo de Arriba. Continue reading Historia de dous campos
Arquivos da categoría X. Ricardo Losada
Surrealismo infantil
X. Ricardo Losada. O curso pasado dei clase de Valores Éticos en 1º da ESO (alumnos de 12 anos) por primeira vez na miña vida. Foi unha experiencia moi gratificante. Cada clase é unha caixa de sorpresas. Fales do tema que fales, sempre hai algunha intervención diverxente que me desorienta. Poreivos un dos exemplos máis curiosos. Como adoito dicir que, ao principio da clase, poden suscitar dúbidas sobre calquera tema Continue reading Surrealismo infantil
A filosofía paga a traidores
X. Ricardo Losada. Nos últimos anos estase a producir en min un cambio intelectual moi importante, e que me está deixando a sensación de que son un traidor á filosofía, a carreira que estudei e a vocación máis querida da miña mente. Cada vez leo máis narrativa (novelas ou conxuntos de relatos) e cada vez menos ensaios filosóficos. Incluso os ensaios que leo con máis frecuencia teñen máis que ver coa divulgación científica ou coa filosofía práctica que coa filosofía pura. E digo cambio intelectual moi importante porque sempre desfrutei máis de frases como: De “necesariamente, o que se coñece é verdadeiro” Continue reading A filosofía paga a traidores
Unha morte magnífica
X. Ricardo Losada. O escritor Sandor Márai suicidouse dun disparo aos 89 anos. Os amigos espallaron as cinzas no mar, tal e como el pedira. Nunha das últimas notas dos seus diarios fala da morte da muller, desencadeante da súa tráxica decisión: «Hai oito meses que morreu. Hoxe é a primeira vez que son consciente de que nunca máis estará comigo. Ata agora dábame a impresión de que saíra un momento do cuarto, ou a dar unha volta pola cidade». Sempre crin que os seres humanos, xa que debemos escoller como vivir, tamén deberiamos escoller como morrer. Finlandia ten un dos índices de suicidios máis altos do mundo («o noso deporte nacional», chámanlle), e non creo casual que sexa un dos países con mellores resultados educativos. Continue reading Unha morte magnífica