Arquivos da categoría Carme Toba

Parolas de esqueletos

cuerpo-objeto-fondo-carcasa-madera_1323-5Carme Toba. As herbas do camposanto andaban revoltas pola xeada e as ovellas que paceran polo serán. A miúdo, eses corpos quentes cheos de la eran a compaña diúrna de tantas caixas de ósos depositadas baixo os terróns sacros. A noitiña comezaba asomando a orella e o murmurio de cuadrillas de esqueletos imperceptibles polos mortais facían eco nos recantos daquel humilde camposanto. Continue reading Parolas de esqueletos

Ritual no galiñeiro

20181209_173705_resizedCarme Toba. O sábado e o domingo, despois de toda a semana de escola, deixábannos durmir un anaco máis entre sabas e cobertores. O xeito rutineiro de sono desaparecía cando nosa avoa nos petaba co mango da vasoira no piso do sobrado que, con aquel resoante “tum-tum”, vibraba no cuarto de arriba.

Espreguizabámonos e vestiámonos argallando as trasnadas do día que tiñamos por diante. Cando baixabamos, a avoa tiña o lume aceso e a pota do caldo fervendo. As cuncas do leite muxido con pan de boroa fumegantes agardábannos na mesa das cales dabamos boa conta. Continue reading Ritual no galiñeiro