O avión do saltón

s-l300Carme Toba. Este relato é unha pequena homenaxe a moitos “Caladiños” que existiron no rural galego. Si, non sei se lembrades a un personaxe de “Sempre Xonxa”, Caladiño. Pois na miña aldea houbo un. Contaba miña avoa que nos tempos da posguerra había moita fame e iso facía que a necesidade agudizara o enxeño. Así lle pasou a Anselmo do Saltón, que entraba nas hortas a rapinar o que podía para levarlles á boca dos seus esfameados filliños parte do que a xente sementaba. Ía tendo sorte, pois varios ollos o viran facendo falcatruadas e calaban.

Días e noites de fame longa ata que unha noite os ollos de Anselmo encheron de bágoas con tal desesperación que viu unha raiola de esperanza no hórreo de Manolo do Lar. E alá foi.

A faldriqueira rebordaba de espigas marelas coma o ouro. Críase seguro ata que os ouveos dos cans romperon o silencio daquela eira amparada pola lúa chea. O balbordo foi tal que se levantaron miña avoa e a veciña Rosa. Colleran o Saltón na allada pero logrou fuxir, coa mala sorte que lle viron a cara.  O malo non eran as espigas, senón que noite tras noite un terzo do hórreo ía a menos en gran. O día alborexou e o conto xa correra coma a escuma. As linguas en sitios pequenos nunca calaban. Anselmo non tardou moitos días en ter citación do xulgado da Coruña para acudir a declarar. Naqueles tempos ir á Coruña non era como agora. E Anselmo non tiña tempo nin cartos. Cavilando estivo uns días ata que puxo man das ideas mergulladas no fondo do seu maxín. E alá conseguiu unhas táboas, un motoriño, latón, un asento e deseñou un avión na horta. A cousa pintaba ben e ata rían polo baixo pensando nas toleadas do Saltón. Achegábanse a verlle a obra dicindo que lles parecía de cartón.

carme toba debuxoChegou o día da declaración e Anselmo encamiñou o avión orientándoo cara o Agro D’Abaixo. Unha ducia de veciños despexaron o camiño de carros e as vacas das leiras da volta para que o aparello puidese despexar. Todos, menos Nicanor, que andaba ás présas por desfacer o carro de esterco pousado en bloque para o día seguinte poñerse coa sementeira.

Acendeu o motor do avión con rumbo á Coruña. Ás carreiras polo terreo costento do agro conseguiu elevarse no aire e voar uns metros. O resto dos oriúndos ollaban estupefactos. Pero conforme se elevou, en cuestión de segundos revirou o fociño cara abaixo e caeu en picado no carro de esterco do Nicanor.

Anselmo do Saltón non chegou ese día á declaración nin a sementeira do Nicanor se fixo nos vindeiros días polos ferranchos do avión.

Miña avoa non lembraba de como quedara o asunto da declaración. O que me deixou claro foi que xa naqueles anos había xente mañosa capaz de fabricar o máis ousado dos inventos entre a inocencia e a necesidade.

No día de hoxe aínda queda o dito aquel cando alguén pregunta referíndose a que non ten en que ir:

—E en que «von»?

—Pois no avión do Saltón!

En definitiva, cantos “Caladiños” espallados quedarían na memoria rural de moita xente?

8 comentarios en “O avión do saltón

  1. Paideleo, alégrame saber que o meu paisano non foi o único. Por iso o personaxe de Caladiño da longametraxe de Sempre Xonxa, lembroume a estas outras persoas. Non sei se inxenuos de máis ou visionarios.
    Pois xa ves! O teu paisano era peor. Porque ir da Costa da Morte a Coruña en avión xa era difícil como para máis ao Brasil. Miña naiciña.
    Apertas, Paideleo. Grazas.

  2. Paideleo, alégrame saber que o meu paisano non foi o único. Por iso o personaxe de Caladiño da longametraxe de Sempre Xonxa, lembroume a estas outras persoas. Non sei se inxenuos de máis ou visionarios.
    Pois xa ves! O teu paisano era peor. Porque ir da Costa da Morte a Coruña en avión xa era difícil como para máis ao Brasil. Miña naiciña.
    Apertas, Paideleo.

  3. Grazas Nati. So quixen transmitir un anaquiño deses acontecementos cotiás e anónimos no tempo, pero que realmente existiron no noso rural. Esa xente loitadora e á vez inxenua que se atrevia a argallar cousas así e que perduran nos recordos de todos. Na realidade, sempre nos quedan estes recordos da nenez aínda que estén no máis profundo do maxín. Unha aperta Nati.

  4. ¡ Ja,ja,ja, paideleo, que risa ! Sempre hubo xente con moito inxenio. Aquí en Palmeira, subiron un burro con unha soga atada a gorxa para que comese a herba do tellado da igrexa, e cando viron que o burro sacaba a lingoa afogado, o dono dicía : que listo é o meu burro que ó ver a herba xa abre a boca.
    Por suposto, o burro non chegou a bo porto, quero dicir: non chegou a pastar herba da congregación.

  5. Por Arbo tamén había un parecido. Alá argallou el un avión de madeira e subiuno coa axuda dun irmán a un canastro e logo díxolle ao irmán: Dille á nai que non vou xantar, que vou ao Brasil.
    Por suposto que non foi ao Brasil que rematou todo escalafado do tumbo que levou.

  6. Cierto Carmen que, cuando las necesidades son extremas, agudizan el ingenio. Y sin lugar a dudas, en la posguerra, marcada por el hambre, entre otros. La necesidad te hacía activar los 5 sentidos, y más que tuvieses.
    Me ha gustado tu historia porque en ella, has narrado a la perfección, las penurias de aquel entonces.
    El trabajo de Anselmo impecable. Lo malo es que se le “desnefrara tan rápido el artefacto, y no le dejase llegar a Coruña. Sin embargo, ha sido mejor para él, ya que no tuvo necesidad de ir a declarar. -Y la suerte de aterrizar en el campo de Nicanor, tan bien abonado. Le dio la vida, aroma aparte.
    La palabra “falcatruadas” me trae grandes recuerdos de mi niñez. Te cuento: de niñas jugábamos en el cobertizo de un señor amigo de las familias. – Y solo nos hacía una advertencia: “non fagades falcatruadas”.- La “palabreja” nos sonaba a chino; tanto que, al llegar a casa, le preguntábamos a nuestros padres, el significado de la misma. Nos sonaba raro, incluso, a que no era nada bueno.
    Repito: me ha gustado tu historia.
    Un abrazo desde Palmeira.

  7. Anselmo, por lo menos no afanaba bolsillos ni carteras con esa serie de maniobras habilísimas a las que se dedican los descendientes directos de Luís Candelas, y además tenía el ingenio que nace de la necesidad. Anselmo, ingresando en la aviación, ascendería inmediatamente a jefe de escuadrilla por méritos propios, igual que Ícaro.

    Bonito relato, Carme. Conozco alguno de esa índole. Cuando la escasez obliga…

    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>