Ignacio Castro Rey. Preséntase como unha “carta de amor ás mulleres que o criaron”. De xeito evidente, a toda sombra, a película de Alfonso Cuarón é demasiado ambiciosa para o que despois cumpre, case nada. De estar só creo que me largaría, pero como estaba con Eugenio Castro (por primeira vez no cinema), limiteime a miralo de esguello para tentar adiviñar se sentía o mesmo ca min… ou un servidor tiña unha mala tarde, que lle pasa a calquera. Continue reading Un fracaso chamado Roma
Arquivos da categoría Ignacio Castro Rey
Un habitar máis forte que a metrópole
Ignacio Castro Rey. Polo menos neste país, un nunca saberá moi ben a que se dedica a esquerda. Á parte, está claro, desa eterna partida de dominó con distintas elites apoderadas. Tamén entre elas a lectura está en declive, coma se o progresismo aspiracional tivese suficiente cos clásicos do seu santoral, que citan de memoria sen lelos, e coa bendita “trampa da diversidade”, aínda que ese outro libro poucos (a pesar das vendas) lerán. Por non saír do seguro, nin se atenderá a Fahrenheit 11/9, pois o documental é complexo e ideoloxicamente non aliñado. Non esquezamos que o capitalismo, no sentido espiritual que dicía M. Thatcher (para quen a economía era só un medio), é precisamente unha incansable ideoloxía Continue reading Un habitar máis forte que a metrópole
Urxente
Ignacio Castro Rey. Non somos racistas, pero hai que recoñecer que EEUU, na imaxe que nos brinda Moore, ponnos a proba. Fahrenheit 11/9, o último dos seus documentais, roza o tétrico. Moi triste ás veces, gracioso e provocador noutros momentos, intelixente e emotivo case sempre, fai que saiamos da sala co corazón nun puño. Na súa potencia arrepiante, esta vez non vemos a demagoxia. Si, o peor pode ocorrer entre nós. A aproximación que o autor de Roger & me e Bowling for Columbine fai ao complexo fenómeno chamado Donald Trump achégase agora, cun uso moi efectivo da cadencia sonora e visual, ao xénero de terror. Continue reading Urxente
Que significa hoxe o platonismo?
Ignacio Castro Rey. Considerándose a si mesmo “antiplatónico”, Nietzsche insiste en que os occidentais herdamos de Platón unha profunda aversión ao sensible, ás cousas que nacen, cambian e morren. E todo iso, no nome da estabilidade “inmaterial” da idea, da frialdade intelectual dos conceptos. Continue reading Que significa hoxe o platonismo?