Mercedes Rodríguez Fraga. Dicía noutra ocasión neste mesmo blog que a primeira novela de X. Ricardo Losada, Bótame deste mar fóra, era unha mostra do carácter «humano, demasiado humano» do autor, ao tempo que parafraseaba o título dunha obra de F. Nietzsche.
Non se equivocaba X. Ricardo na presentación da súa última novela en Rianxo cando dicía que Nietzsche espertaba paixóns no seu alumnado de Filosofía. Por ese motivo, decidiu escribir sobre como a protagonista, unha alumna do IES Félix Muriel, construía a súa casa xunto ao volcán. Seguir lendo A casa xunto ao volcán