Arquivo da categoría: Yael Sampedro

Andan de aquí para alá

barcoYael Sampedro. Andan de aquí para alá, coma follas movidas polo vento. Cando chove móllanse ata tal punto que é coma se lles calase a molladura aos ósos. Cando dá o sol, quéimanse tanto que se volven tan vermellos que chegan a semellar as lapas dunha fogueira. Sucan os mares sen importarlles se están en calma ou se teñen que loitar contra os mil demoños que nel habitan, e ofrécenlles a súa vida aos santos cando os azouta un temporal; e os da casa, pedíndolle á Virxe do Carme que os protexa. Seguir lendo Andan de aquí para alá

A aldea esquecida

O Fío de Ariadna. ImaxeYael Sampedro. En  Boiro atópase un dos segredos mellor gardados da nosa historia. Trátase dunha aldea esquecida, tanto polo tempo como pola xente. Atópase na Galea, en San Ramón de Bealo. A aldea esquecida e a actual están separadas polo río do Souto. Conta cunha atalaia e con gravuras líticas. Foi abandonada a redor dos séculos XVII e XVIII, e o motivo énos descoñecido.  Seguir lendo A aldea esquecida