Fidel Vidal. Que cousa é a Cousa? E a cousa vermella? Talvez esa cousa deberíamos vela como ver-mel(l)a. Como un oco polo que respirar, ou como proposta. Un proxecto sempre ao axexo. Nesta ocasión, o título do libro de Olga Novo (Premio Nacional de Poesía 2020), A cousa vermella (Espiral Maior, 2004) vén ao caso; ao meu caso. Acontece o mesmo coa poesía en xeral: a funcionar como semente, como seme: o seme que deixas neste verso (p. 13).
Atopámonos diante dunha ilusión ou dunha realidade difícil de dicir? E non digamos se a Cousa vén con maiúscula. Axiña pensei na Cousa freudiana. Continue reading A Cousa Vermella, de Olga Novo