Encarna Pego. Sempre tiven especial querenza polas dúas rodas. Lémbranme os primeiros anos sesenta, as estradas de morrillo, as tendas polo miúdo, (“Dixo miña nai que me dea medio quilo de fariña e un cuartillo de anís”). O recendo das cereixas de Cespón. A vida por encetar cos pais mozos e a empática presenza dos veciños. O saúdo da mestra á mañá, cando eu non tiña idade de ir á escola. Continue reading Rodas
Arquivos da categoría Encarna Pego
Merendas de chocolate
Encarna Pego. Á chamada para a merenda acudían ás carreiras, cortando os xogos -a billa ou peón os dous maiores, as bonecas ou a corda as pequenas. Coa mesma ilusión, cada día comían o bocadillo, a pesar da escasa variedade: tulipán ou tona de leite con azucre e, algún día, friame. Axiña, satisfeitos, volvían dar renda solta á imaxinación ata a noite.
Porén, un día, a sorpresa acaeceu. Dentro do pan había chocolate! Foi unha algarabía de festa rachada. Que delicia! Manxar de ricos. Continue reading Merendas de chocolate
Memoria con arrecendo a tulipáns
Encarna Pego. Conservo a postal coa bitola -ao levantala recendía a flores-, algunha carta, e o olor a winston cando viñas. Con vinte e poucos anos saíches a comer o mundo coa maleta chea de ilusións cara a Rotterdam. Aquí deixabas muller e fillos, e o oficio que non aseguraba unha casa, nin o futuro que querías para os teus. A máis forte labazada: a volta ao lar logo dun ano, e as fillas non te coñecen. Aprendiches algo de inglés, e holandés. En Dakar e Freetown libraches das enfermidades. Levaches carga xeral a Centroamérica, e na Arxentina gozaches da tenreira asada, ao punto e abondosa. E padeciches a calor do Pérsico nos petroleiros. Continue reading Memoria con arrecendo a tulipáns