Arquivo da categoría: Antonio Piñeiro

Cartuchos nun búcaro. Che Tembra

IMG-20220407-WA0001_resizedAntonio Piñeiro. Volve o noso prezado Che Tembra aos espazos públicos tras esta tempada de recollemento. Faino cunha mestura de obra recente e anterior, na sala vestíbulo do Auditorio de Rianxo, ata primeiros de abril. Entre as súas xa coñecidas escenas literarias, reivindicativas, retranqueiras, irónicas, mordaces, memorísticas e libertarias, veñen desta vez unha serie de pezas coma esta das calas nun floreiro. Daquelas xa quedara dito a súa cara achega á equipaxe cultural da Galiza e da bisbarra coa peculiar interpretación, por exemplo, de coñecidas (ou propias) viñetas, na bigornia do seu oficio; ou un compromiso social poucas veces tan explícito. Seguir lendo Cartuchos nun búcaro. Che Tembra →

Lola Sanz, en “Luarada”

O cadro está no Lustres Rivas, na colectiva de Galeoska
O cadro está no Lustres Rivas, na colectiva de Galeoska

Antonio Piñeiro. Alguén dixo que para falar de Lola Sanz hai que comezar con poesía. Foi a primeira impresión que me produciu esta súa obra, pendurada coa mostra que o grupo Galeoska está a presentar estes días na sala do Centro Cultural Lustres Rivas, de Ribeira. Seguir lendo Lola Sanz, en “Luarada” →

Carlos Pereira. Estirpe de Poseidón

As Letras da Arte.BbaleasAntonio Piñeiro. Polas vereas mergulladas da natureza vai a gran parada dos seres vivos. O ollo do arquitecto universal dispón a danza no lombo dunha estrela de mar. Cada fracción de espazo-tempo, malia o teorema euclidiano, é ocupada polo anel impreciso dunha cuncha. A danza das baleas deixa a súa trécola riseira ao lonxe. Desde o profundo soben árbores de diatomeas mentres os peixes respiran auga de cor. Delicadamente simbólica, intimamente filosófica, afervoadamente plástica, anque minuciosa, ata o extremo dun traballo téxtil, comprobei como a nova achega de Carlos Pereira concitou cualificacións apaixonadas no libro de visita. Seguir lendo Carlos Pereira. Estirpe de Poseidón →