Marina Losada Vicente. Estando embarazada, súa nai coñeceu a un neno ao que chamaban Rey. Preguntou como fixeran, pois naquel país dos anos setenta era obrigado que o nome aparecese no santoral. O día 6 de xaneiro (epifanía do Señor) o almanaque recollía, entre outras, a festividade dos tres santos Reis e, con ese argumento, lograran, na capital de Lugo, inscribilo co nome de Rey Continue reading De nome, Rey
Arquivos da categoría Marina Losada
Invertido a calzonazos
Marina Losada Vicente. Acabo de coincidir co señor Avelino comprando bragas no mercado. Diante da súa inseguridade, fixo o pedido moi baixiño, e da distancia física que garda co xénero, como non querendo tocar algo prohibido, a miña cabeza lévame a pensar que a súa muller está impedida dalgunha maneira.
Sería meu pai capaz de facer o mesmo? Moito tería que ser! Aínda que non quere saber nada da Internet, antes pediría facer un curso acelerado para aprender a comprar na distancia Continue reading Invertido a calzonazos
Atragoada
Marina Losada Vicente. -Avoa, por que á chica se lle ve o cu e ao chico non se lle ve?
Praia de Tanxil, na zona na que a rapazada pasa a tarde. Antón, mentres merenda, mira como xogan nos campos de volei praia, que eles mesmos trazaron, usando como centro as redes que colocou o concello. Unha morea de corpos en movemento, eles en traxe de baño short; elas, bikini brasileiro. Continue reading Atragoada
Nin cantada nin rezada
Marina Losada Vicente. Diante das contas das festas dos últimos anos, o tesoureiro da comisión mergullouse nas partidas de gastos, a fin de axustalos á nova realidade da parroquia, que non era outra que a de que o orzamento minguara considerablemente, dada a tendencia da súa poboacións en marchar para o outro mundo Continue reading Nin cantada nin rezada