Arquivos da categoría Martina Rivas

Tren

pexels-photo-3229624Martina Rivas. Finxía ler. Sentada de pernas cruzadas, coas mans frías polo inverno e un abrigo empapado pola choiva, finxía ler unha nova historia mentres esperaba a que chegase o tren. O resto da xente falaba, esperaba en solitario, miraba o ceo preguntándose cando volvería o sol ou observaba a pantalla do móbil, pendente dalgunha conversación. Só cando estiven segura de que ninguén me prestaba atención alcei a mirada uns milímetros. As persoas deixan de comportarse con naturalidade cando saben que alguén as observa. Se son sincera, non teño claro cando comezou a miña obsesión por observar a xente que decide coller un tren. Continue reading Tren