Arquivos da categoría Antón Rodríguez Gallardo

Rebeldía contra a suba de impostos

BJ29C2F6_211816Antón Rodríguez Gallardo. A historia da nosa comarca é abondosa en movemen-tos de rebeldía veciñal contra o que se entendía eran abusos de poder. A maioría estaban vinculados ao pago de impostos, fora dun xeito directo ou mesmo indirecto, caso do episodio sucedido en Boiro na pri-mavera de 1932, cando un numeroso grupo de persoas se rebelaba contra as contas do concello. Continue reading Rebeldía contra a suba de impostos

Manuela del Río, mestra e activista en tempos da Segunda República

manuela del rio

Manuela morreu en 1963, despois de estar catro anos acamada

Antón Rodríguez Gallardo. Ma-nuela del Río nace en Boiro en 1890 no seo dunha familia labrega acomodada con raíces no pazo de Fonteneixe. Grazas ao seu tío Francisco, ex seminarista e mestre tetrapléxico con escola no lugar d´O Rexidor, Manuela entrará en contacto de moi nena co estudo e a lectura, para converterse co tempo na axudanta do mestre. Continue reading Manuela del Río, mestra e activista en tempos da Segunda República

Auxe e decadencia de Cimadevila

cimadevila

Á beira da nova estrada formouse unha fermosa, ampla e lineal rúa sementada de árbores

Antón Rodríguez Gallardo. A existencia de Cimadevila está datada xa con anterioridade ao século XVIII, cando non era máis que un exiguo casarío ás beiras do camiño real de Padrón a Ribeira no seu percorrido pola ladeira do monte Espiñeira. Será a partir de mediados da década de 1860 cando adquira protagonismo na vida boirense ao se trasladar, dende A Tenencia a este lugar, a casa do concello e, polo tanto, a sede da administración e a capital municipal. Continue reading Auxe e decadencia de Cimadevila