Mauricia Ces Quintáns. Empezou a chorar mentres sostiña o coitelo no alto. Antes, afiouno coa precisión dun cirurxián até acadar a milimétrica lisura do gume desexado; comprobou a tensión, o equilibrio. Examinouno dende a punta até as cachas. Baixo a luz fría da lámpada o espello da folla devolveulle un sorriso cegador inoxidable. Verteu a lixivia no estropallo; fregou con insistencia a táboa. Enxaugouna baixo a billa en varias augas; deixouna escorrer, e secouna co pano. Con coidado, depositouna sobre o mesado de mármore. Continue reading Hoxe, empanada
Arquivos da categoría Mauricia Ces Quintáns
Jatomicho
Mauricia Ces Quintáns. Non sabía que era un gato. Facía cousas de felino. Por exemplo, tentaba ruxir, e miaba. Descartado tigre, a pesares de lucir traxe de raia diplomática, negra, sobre fondo agrisado, e darse aire de embaixador plenipotenciario. Faltáballe a melena; tampouco non semellaba tan fero como pintaba, así que, non podía ser león. Continue reading Jatomicho
Ruído
Mauricia Ces Quintáns. Todos os días. Sempre ás 6:30. Espértano na metade do sono. Sempre co mesmo, chas, da luz, cando prende o fluído da enerxía na vea da lumieira. A evacuación ao abismo das excrecencias matutinas da cisterna e a auga da ducha ciscando nos cristais. Continue reading Ruído
15 anos
Mauricia Ces Quintáns. Toda a maldade no teu corpo. Toda. Toda a ira. Toda a sen-razón. Toda a violencia.
Meu meniño, como me doe o teu corpo. Como me doe.
Que me importa que o mundo se veña abaixo. Que importa que non quede un home sobre a terra. A ecoloxía. A pandemia. Que me importa.
Os golpes. As patadas. As marteladas. Continue reading 15 anos