Eme Cartea. Cando un aborda un autor das artes plásticas debe facelo co ánimo poroso e a ollada instigante, propia de terreos versátiles, por canto nos movemos nas fírgoas da indefensión, entre a obxectividade do real e a subxectividade da ollada. Seguir lendo
Arquivo da categoría: Eme Cartea
Diacronía. Arquivos diáfanos
Eme Cartea. Primeira muller académica numeraria da Ragba na sección de escultura (2018) e Premio da Cultura 2019. Recoñecementos indispensables! De entrada, proclamamos que Soledad Penalta, escultora -afastada do concepto de beleza clásica e da arte como mimese-, sitúase nas marxes subxectivas da abstracción, o que subliña a validez do diálogo entre a artista e o espectador, xuíz e parte da obra. Seguir lendo
Soledad Penalta: implacable selección
Eme Cartea. Estamos a falar de Soledad Penalta. Muller. Asidua na amizade. Artista en permanente expansión por camiños inexplorados. Creadora que, hoxe, domestica o aceiro ao ritmo afiado do plasma, da soldadura, a ensamblaxe, os pregues e a composición aditiva. Seguir lendo
Poesía inoxidable
Eme Cartea. Estase a repetir, coma un slogan nestes tempos convulsos de feroz pandemia, que nada hai máis extraordinario que a normalidade. Certamente. Pero tamén é certo que, como aseveraba Proust, a rutina fai invisible o universo cotián volvéndonos insensibles ás evidencias e aos problemas do real. Seguir lendo