Lois Agrelo Arxóns. Escóitanse as voces dende fóra. Coma todas as veces que o calendario marcaba o día 1, dona Eugenia del Carmen dispoñíase a retirar os cartos da pensión no Caixa Galicia de Vista-legre. «Ninguén lle vai quedar cos cartos, Dona Eugenia. Xa llos gardamos nós e así é imposible que lle rouben». Seguir lendo O banco
Arquivo da categoría: Lois Agrelo Arxóns
Glasses
Lois Agrelo Arxóns. Parece que un tipo quedou a durmir nos sofás da facultade. Un tío pelado de gafas. Non se move moito. As estudantes mírano polo recuncho do ollo mentres mastigan a tortilla rodeada de pan. Moveuse. Xirou un pouco cara a un lado. Agora ten as gafas medio descolocadas e comezan a pingarlle unhas babuxas que baixan lentamente pola comisura, acercándose ameazantes ao coiro granate do sofá. Seguir lendo Glasses
Le temps est bon
Lois Agrelo Arxóns. «Le temps est bon, / le ciel est bleu / j’ai deux amis qui sont aussi mes amoureux / nous n’avons rien à faire rien que d’être heureux». Nunha sala sen portas, tres persoas míranse fixamente unha á outra, formando un triángulo máis ou menos escaleno. Os ollos trasládanse e atópanse en intervalos semirregulares. Bang bang. Unha delas dispara. Algunha das outras dúas está agora ferida de bala mentres a restante recúa con horror antes de enfrontar á agresora. As paredes de ladrillo rosa calan. Apenas ten sitio para sacar un pequeno coitelo de obsidiana do peto. Seguir lendo Le temps est bon
I am ERROR
Lois Agrelo Arxóns. [ERROR 404: Not Found] Perdido. Está todo perdido. Calquera curso de acción resultaría inútil, un gasto da pouca enerxía que queda. O único lóxico é agardar o final. Estes son os últimos minutos. Polo menos quedarán rexistrados. Pero tampouco servirá de nada. Pronto todo isto non será máis que un vago recordo. Con sorte, quedará unha marca que significará algún tipo de legado, probablemente indescifrable, para os que quizais nunca veñan despois. Seguir lendo I am ERROR