Maxi Olariaga. Sinto por don Miguel de Cervantes un respecto reverencial, case inclinado á adoración. Todas as verbas que deixou esvarar da súa pluma foron escritas desde a liberdade que dá o saberse un escollido e, por iso, un desprezado polas autoridades do seu tempo. O meirande dos grandes, esquecido nun cárcere de Arxel! Seguir lendo 14 de abril
Arquivo da categoría: Maxi Olariaga
O sempre longo adeus
Maxi Olariaga. Longo, si. Longo, escuro, abafante. Toda unha vida esas mans pretendendo apañar no ar das estacións os bicos que aboian no mar de asubíos do tren. Toda unha vida mesturando as bágoas propias co pranto das rodas esvarando nas vías. Canta o tren como canta o carro camiño da eira cargado de esterco para preñar o ventre dondo da terra. Seguir lendo O sempre longo adeus
De nenos e gaivotas
Maxi Olariaga. As gaivotas levan o ar nas ás e no ar navegan os soños destes cativos arqueólogos que responden ao atavismo do sangue e da suor. O pai anda ás fanecas nas pedras da Creba e a nai vende o peixe na Praza da Fanequeira. Os raparigos imitan o seu pai e derruban os labirintos das miñocas. Na súa procura atopan berberechos, ameixas e navallas. Seguir lendo De nenos e gaivotas