Arquivos da categoría Narrativa

De nome, Rey

foto-2-dniMarina Losada VicenteEstando embarazada, súa nai coñeceu a un neno ao que chamaban Rey. Preguntou como fixeran, pois naquel país dos anos setenta era obrigado que o nome aparecese no santoral. O día 6 de xaneiro (epifanía do Señor) o almanaque recollía, entre outras, a festividade dos tres santos Reis e, con ese argumento, lograran, na capital de Lugo, inscribilo co nome de Rey Continue reading De nome, Rey

O nigromante, ensaio para un conto de terror

711jlbtwBaL._AC_SX522_Domingo Regueira. Nunha sesión de control, as rústicas forman un cono truncado na praza do Rueiro para indagar sobre a entidade dun foráneo, que ven establecerse no barrio.

Con ollares de pelouro e bocas de asubío, polo branco do ollo reparan unha solaina.

—Din que alugaron a casa!

—Pois…, disque si; e quen vén para ela?

—Falan dun necrófago. Continue reading O nigromante, ensaio para un conto de terror

Seleccións temáticas de libros infantís e xuvenís

CUBERTAClorofilaPilar Sampedro. Neste afán por dar a coñecer seleccións bibliográficas ao redor dunha determinada temática, de forma que as familias, os centros educativos,as bibliotecas públicas e todas aquelas persoas interesadas nesta produción teñan acceso aos títulos máis representativos, GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Galego) pon á súa disposición unha nova Guía, neste caso, relacionada co medio ambiente. Clorofila en letra para curar o planeta é o seu título. Pártese da necesidade de que a rapazada se comprometa coa natureza, unha vez que se ten demostrado que os Estados e os seus Gobernos están máis interesados nas cuestións económicas e de mercado que en deixarlles o planeta nas mellores condicións. Continue reading Seleccións temáticas de libros infantís e xuvenís