Arquivos da categoría Pastor Rodríguez

Un muradán en Santo Domingo

O Escritor. Garcia_Rodriguez. AbrilPastor Rodríguez. José Mª García Rodríguez nace en Muros o 6 de febreiro de 1912. Licenciado en Dereito, xuíz e maxistrado de Traballo en 1944. Emigra á República Dominicana en 1945, onde foi chanceler do Consulado español ata 1963, ano no que pasou a exercer en Porto Rico. Cultivou o xornalismo, a poesía, a novela e a biografía. E 1979 veu visitar a súa vila natal. Autor de novelas históricas como Princesa de Francia en Castilla e de biografías como Doña María de Molina ou Ambrosio Spínola y su tiempo. Publicou ademais o libro de relatos Cuentos de cornudos y otras picardías (1973), obras históricas como Guerra de Independencia (1808-1814) e Don García Hurtado de Mendoza, el vencedor de Caupolicán. Continue reading Un muradán en Santo Domingo