Arquivo da categoría: Andrea Sanjurjo Martínez

Soños escarlata

129d4db765c5620cd7a38d00eb3ad61aAndrea Sanjurjo Martínez. Abril corría ceibe, ceibe coma endexamais o imaxinara. Xa sentía nos poros o doce sabor das nubes, abríase ante ela un novo mundo, cantaba xovial o depenicar das fervenzas encantadas. As plantas acariñábanlle entón as dedas e o sol quecía lene unha caluga inocente que agora recendía a vida, non moito antes infindamente asustada.

Xa algo cansa, decidiu apoiarse nun tronco. Alí reinaba o perfume das flores e envolvíaa a aura da máis tenra ataraxia. Pasou a eternidade escoitando o seu canto. Todo se erixía de novo resplandecente. Xa  non existía o espanto. Seguir lendo Soños escarlata