Xabier L. Marqués. (A Xesús Manuel Valcárcel) A auga que se estanca, como encharcada (non asolagada), e se imaxina océano, ou se finxe escuro mar interior. Auga e pedra, pedra e auga. Pedra engastada, non puída, pedra vella, reberetada de carrizo, pedra amarela, pedra cóncava e grisalla, pedra que amosa fachendosa as súas imperfeccións, pedra de engurras (pero sen dobras, nin pregues…, por seren cousas diferentes porque dependen das marés), pedra bicuda que se asoma ao xeito dos cabezos, pedra que non é aloumiño pero si lene gaduño, pedra burato, pedra gruta, pedra entrañábel, pedra pelve, pedra espazo…, pedra rexa e irta, pedra mol…, pedra poeira, pedra tornasol, pedra carrusel…, pedra remuíño (só de se estar a bañar unha píntega ou un cágado inquedo… Seguir lendo Canta meiguice! →