Théaomai

Foto: Ana López González
Foto: Ana López González

Xabier L. Marqués. Non parabas de falar (ás veces resultas excesivo) de que os quiasmos teñen moito que ver cos cruceiros de verbas, e de que os cruceiros recrean ánimos paralelos. O río Artes, ao solpor, ten un aquel de ingreso nun universo quizais máxico, paralelo (ti cres que polo feito de que o sol se vai poñer por un horizonte irregular e ficticio ao non estar afeito ao mundo vexetal…).

Entón, xa que logo, o ritmo do noso paso era máis propio do das fuxidas pois, ao non termos establecido un fin ou meta, non tivemos en conta a volta. Dis que somos escravos do imperio dunha monosemia turbadora. Déchesme dous exemplos:

O medo é individual. O terror é colectivo. E, ollo, un colectivo non está formado pola suma de individuos, senón que ten categoría propia. Pensas nas maravallas de arume, na mulime… Outra cousa é o status do pánico: hai gradación? É un estadio intermedio?

A soedade non é unha pandemia. Nin sequera foi considerada un dos sete Pecados Capitais! Como temos chegado a esa consideración tan parva?

O abandono si é un andacio!

Engadín coa miña timidez habitual: entón, o solpor non pode ser fillo do abrente? Canto hai de teatro na contemplación?

La solitudine è un´emozione che non può mai essere condivisa.” Claudio Siciliotti, Muzak

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *