Arquivos da categoría Rosa Paz Piñeiro

Na memoria da miña irmá Uxía

trasbachRosa Paz Piñeiro. Xa paso dos 70, unha idade na que ás veces os recordos esixen unha obediencia da imaxinación coma cando unha melodía se che engancha na cachola e non te solta. Entón, non podes pensar noutra cousa e ficas atrapada no limo da memoria. Cando tiña 14 anos, ao chegar a primavera, comecei a sentir que unhas vibracións especiais corrían polo meu sangue, pero isto ocorría de xeito especial nas festas do verán. Nunca nos cansabamos de bailar, de troular, pese a que tampouco deixabamos de traballar, nin sequera nos domingos. Era o que nos quedaba ás rapazas do rural. Aos 17, empecei a comprender que nos homes case todo semellaba un pouco obvio. Continue reading Na memoria da miña irmá Uxía