Antonio Piñeiro. Magnífica, das mellores e máis ricas en contidos das lidas en moito tempo, esta historia interior. Un argumento bifocal enleado por sensacións, concepcións, pensamentos dominados polo emocional, para elaborar con eles o espazo, o tempo e a acción dunha novela que Fidel configura cos seus compoñentes máis abstractos: os sentimentos e os estados de ánimo.
Dúas persoas, Amador e Marta, debullan mentalmente cadanseu caer, doer ou desafogar (como prefire dicir o propio Fidel, na contracapa) do episodio tráxico ao que os trouxo a vida; mais dun episodio que non é só ese intre, senón a chave dunha porta que leva aos complexos espazos onde se mesturan a personalidade e as súas interaccións Seguir lendo Un asasino felizmente casado, de Fidel Vidal