Arquivos da categoría María Rey

Este é o meu hórreo

O Fío de Ariadna. ImaxeMaría Rey. Este é o meu hórreo; símbolo pétreo do país que me viu nacer. Alfaia alén dos tempos. Ogallá que os pedreiros que tan sabiamente colocaron estas e outras pedras, puidesen, dende o alén, ver as resultas do seu intuitivo saber que, sen teren pisado os chans de ningunha escola, dominaban os misterios do equilibrio como se caesen ao mundo con esa única misión. A de construír hórreos. O tempo pasa, e as súas singulares e rexas siluetas seguen a enriquecer o cadro da paisaxe galega. A dureza das súas ben arrombadas pedras acubillan a máis nobre función: curar e gorecer as colleitas que garanten o pan de todo o ano. Continue reading Este é o meu hórreo