Carlos Mosteiro. Así, protexidos polos rochedos acolchados polo brión, como se fosen gardiáns dun exército medieval, a auga é un remanso de paz, está lonxe da aparencia destrutiva que adopta en non poucas ocasións. Agora está rodeada deste muro de protección, como ameas dun castelo que protexe un Santo Graal líquido. Seguir lendo Piscinas. Nostalxia das cadernas
Arquivo da categoría: Carlos Mosteiro
Esperando o verán
Carlos Mosteiro. Relaxados, nun ambiente estival. Hora das confidencias entre amigos. Semellan compañeiros de vacacións, falando das súas cousas, unhas brazadas antes da comida, das cervexas no chiringuito. Conseguiron, durante un tempo, dar esquinazo aos cativos, á familia, que estarán estomballados preto do areal, chapoteando, mergullándose e saíndo verticais cara arriba en pinchacarneiros inconcibibles. Seguir lendo Esperando o verán
Curiosidade
Carlos Mosteiro. Así é como debeu empezar a filosofía. Debeu ser primeiro un achegamento curioso, esa mirada perplexa, silandeira, temerosa, case tremente cara ao coñecemento ou ao descoñecemento; en todo caso, cara ao misterio. Os ollos agrandados, preparados ante o que poida pasar, o perigo que se atopa indefectiblemente diante da aventura intelectual, máis alá dos parapetos defensivos, das seguridades que xa non existen. Seguir lendo Curiosidade
Natureza/Razón
Carlos Mosteiro. Cando todo reborda; cando non hai muros que conteñan a quen, de todas maneiras, non está disposto a aceptar límites, nin obedecer leis, nin respectar muros, nin escoitar boas palabras, nin razoamentos xuizosos; cando isto ocorre, digo, a natureza -por algún lugar ten que romper a eterna dicotomía- infrínxelle á razón a máis dolorosa das derrotas. Seguir lendo Natureza/Razón