Piscinas. Nostalxia das cadernas

piscinasCarlos Mosteiro. Así, protexidos polos rochedos acolchados polo brión, como se fosen gardiáns dun exército medieval, a auga é un remanso de paz, está lonxe da aparencia destrutiva que adopta en non poucas ocasións. Agora está rodeada deste muro de protección, como ameas dun castelo que protexe un Santo Graal líquido. Mínimo representante dun Poseidón menor, apequenado, temeroso, engaiolado. E houbo un día en que esa auga correu ceibe, foi potencia dunha enchente, ata que quedou no inicio dun simple desexo de moderación. Así que, estableceu a súa morada, pode que definitiva, aí nese oco cavernoso e escuro nalgún lugar indefinido da Serra do Barbanza, nese océano, mínimo, minimalista.

Esta auga quieta, estancada, lacustre, bota de menos ser outra cousa; bota en falta o prestixio das ondas do mar océano, a fascinación do mar próximo, da bravura salgada dos salseiros que deixa atrás o suco da proa, o rego que cava na tona da auga a quilla tras de si.

Pero eses son soños de sedutor, de auga pobre, que pouco máis é que poza, pozanca que soña, inutilmente, con cinxir o mar de bolina fronte a un vento insistente.

Esta entrada foi publicada en Carlos Mosteiro, Fotografía, Narrativa. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Piscinas. Nostalxia das cadernas

  1. paideleo di:

    E que poucas van quedando a medida que pasa o tempo !.

  2. Magdalena di:

    Buenos días Carlos:
    Hace un rato encendí el ordenador y antes de mirar el correo tomé como cada día un café virtual con vosotros. Me encanta esa pasta o pequeña galleta que cada día lo acompaña, porque deja en el paladar ese gusto tan exquisito, que te hace desear pedir de nuevo otro café ( aunque una, sea hipertensa ) para repetir la experiencia de recrearte en el sentido del gusto.
    ” Piscinas. Nostalxia das cadernas ” hoy ha sido ese pastelito que ha deleitado ese sentido.
    Me gusta tu sensibilidad escribiendo. El artículo ” A casa ” también es precioso.
    Buen día Carlos. Saludos palmeiráns

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>