Baseada en feitos reais, de Delphine de Vigan

PN932_Basadaenhechosreales_DEFINITIU.inddXerardo AgraFoxo. Coñecía esta autora francesa (Boulogne-Billancourt, 1966), pola súa obra anterior, Nada se opón á noite(2012), una novela que vendeu máis de oitocentos mil exemplares e que levou importantes premios literarios, como o Renaudot e o Elle, pero unha historia que tamén tivo moitas críticas porque a protagonista era súa propia nai, Lucille, unha artista algo tola, morta en misteriosas circunstancias.

“Pouco despois de que aparecera a miña última novela, deixei de escribir. Durante case tres anos, non escribín unha soa liña”, así comeza esta obra escrita por unha narradora que tamén se chama Delphine, ten dous fillos e mantén unha aventura sentimental cun tal François. A partir deste xogo literario, pois esta protagonista semella unha dobre da autora, comeza un relato que ten como eixo central o baldeiro que sofre a narradora para conseguir outra obra que non decepcione os seus lectores. delphineUnha situación que semella resolverse favorablemente cando aparece na súa vida L., unha muller estraña, sofisticada e suxestiva, que procurará resolverlle as súas eivas creativas porque ela sabe deses asuntos xa que traballa de ”negra” nunha editorial.

Se na anterior novela, Delphine De Vigan aproveitou o suicidio da súa nai como material novelesco, nestas páxinas, mesturando a realidade coa ficción, válese da súa propia vida. E mergúllase no pesadelo dalgúns artistas: acadar o éxito a calquera prezo. D´aprés une histoire vraie (2016), cunha lingua directa e precisa, convértese desta maneira nun relato metaliterario. Unha novela que, pola súa perturbadora temática e agudas reflexións, atrae ata a derradeira páxina.

Un comentario en “Baseada en feitos reais, de Delphine de Vigan

  1. Apreciado Xerardo:
    Cuando leo vuestros interesantes artículos recomendando libros que por lo que contáis sobre ellos deben de ser muy buenos, me siento un poco triste al pensar en lo poco que he leído ( y eso que leo todos los días un poco ) porque no conozco ninguno de los citados, ni siquiera a sus autores.
    ” Basada en hechos reales ” pasa a figurar en una de las páginas de mi bloc de recomendados.
    Gracias Xerardo y deseo que disfrutes de las fiestas de San Marcos.
    Desde Palmeira un cariñoso saludo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>