Arquivos da categoría Fotografía

A conciencia da galiña morta

IMG-20190619-WA0002Marina Losada Vicente. Contoumo a filla, certificando que a súa nai era unha boa muller, de gran corazón. Tivera un pedido inusual aquela mañá.  Entrara na tenda Ricardo, un veciño da aldea, que non tiña cartos para cousa ningunha, moito menos para tales praceres, polo que difícil sería que volvese entrar alí. Pedíralle que lle matase unha galiña para o día seguinte, que tiñan algo que celebrar. Continue reading A conciencia da galiña morta

Cuba, a memoria fotográfica

IMG_20190207_155207Fidel Vidal. No Kiosco Alfonso da Coruña asistín a unha exposición de fotografías en branco e negro como quen asiste a un repaso pola memoria histórica da Cuba da Revolución dos barbudos. A mostra está dividida en seccións moi ben definidas. O paseo polos diferentes apartados, para os que xa temos unha idade, fainos recordar aqueles tempos de euforia da caída de Fulgencio Batista e as consecuencias posteriores. Continue reading Cuba, a memoria fotográfica