Arquivo da categoría: Miguel Mariño

1917

pondalMiguel Mariño. Ano duro para a literatura galega o de 1917, no que desaparece a derradeira gran figura do Rexurdimento, Eduardo Pondal, o autor de Queixumes dos pinos (1886), que deixaba sen editar Os Eoas, o poema épico que Galicia non editaría ata moitos anos despois. Un poeta no que confluían as raíces prerrománticas do “falso” Ossian, os inicios románticos, o coidado da forma propia do Parnasianismo e moitos riscos simbolistas, para configurar unha voz personalísima, complexa e visionaria. Este ano do centenario da súa morte é unha grande ocasión para volver sobre un dos nosos grandes clásicos. O xornal <La Voz de Galicia> puxo á venda, por un prezo simbólico, a edición facsímile de Queixumes dos pinos, o <Boletín> último da RAG contén varios traballos interesantes sobre Pondal e ata a ONCE lle dedicou o cupón do 9 de marzo. Seguir lendo 1917

Unha pequena antoloxía: Os cantores do vagalume

vagalumeMiguel Mariño. Eu son un namorado das antoloxías, e non é o lugar este para sinalar a súa importancia cultural e canonizadora, labor que explicou ben en galego María do Cebreiro Rábade Villar (As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña, 2004) e Francisco Ruiz Casanova en castelán (Anthologos: Poética de la antología poética, Cátedra, 2007), sen esquecer as páxinas tan importantes de Auden, Borges, Eliot, Lefevre, Manguel, Nora ou Padorno. Eu colecciónoas porque as considero a mellor introdución a un xénero, un autor, unha época ou unha cultura. E teño interese tamén polas escolmas amplas (centóns quizais), que conservan textos aos que non poderiamos acceder sen elas, pois o lugar dos poetas menores é a antoloxía. Seguir lendo Unha pequena antoloxía: Os cantores do vagalume

Unha mesa con Cunqueiro

na mesaMiguel Mariño. Entre a abondosa biografía cunqueiriana, lembro agora con pracer un folleto moi ben editado: Na mesa con Cunqueiro. Antoloxía gastronómica e literaria (Consello da Cultura Galega, 2011), responsabilidade de Miguel Vila Pernas. Cunqueiro foi o noso gastrónomo maior, o máis erudito, pero tamén o máis fantástico. Vila Pernas emprega para esta escolma non só os famosos libros A cociña galega (1973) e La cocina cristiana de Occidente (1981), mais tamén novelas (Merlín e familia, 1955); As crónicas do sochantre, 1956; Si o vello Sinbad volvese ás illas, 1961, relatos de Escola de menciñeiros (1960), Os outros feirantes (1979) Seguir lendo Unha mesa con Cunqueiro

Poesía e Jazz-Unha antoloxía (II)

Cantigas e verbas ao arMiguel Mariño. E en galego, na nosa poesía, cando aparece o jazz? Non estou seguro, pero hai un pequeno monllo de textos anteriores a 1936, no que o primeiro foi Xulio Sigüenza en 1928 no poemario Cantigas e verbas do ar, onde aparece “Jazz-band”, que une a música anovadora a temas tradicionais galegos: “O mar estrena ista noite/o seu jaz-band, que é noviño,/e pra escoitalo galopa/sobor dos ermos do río.//Baixo a batuta do vento/ceibando as notas de fol,/a gaita gris dos carballos/rola no céspede mol./E agora que sal a lúa/-outro pandeiro trunfal-/as estrelas i-os loceiros/dan aturuxo final”. Jazz e gaita non son incompatibles, o que tamén se verá en “Bood-by, Galicia” de Uxío Montes en Versos a tres cas o neto (1930). Seguir lendo Poesía e Jazz-Unha antoloxía (II)