Unha mesa con Cunqueiro

na mesaMiguel Mariño. Entre a abondosa biografía cunqueiriana, lembro agora con pracer un folleto moi ben editado: Na mesa con Cunqueiro. Antoloxía gastronómica e literaria (Consello da Cultura Galega, 2011), responsabilidade de Miguel Vila Pernas. Cunqueiro foi o noso gastrónomo maior, o máis erudito, pero tamén o máis fantástico. Vila Pernas emprega para esta escolma non só os famosos libros A cociña galega (1973) e La cocina cristiana de Occidente (1981), mais tamén novelas (Merlín e familia, 1955); As crónicas do sochantre, 1956; Si o vello Sinbad volvese ás illas, 1961, relatos de Escola de menciñeiros (1960), Os outros feirantes (1979) e Xente de aquí e de acolá (1961), ademais de artigos que logo foron compilados en El pasajero en Galicia (1979), La bella del dragón (1991), Viaje a Lugo (2011), Viajes imaginarios y reales (1986) e Viajes y yantares por Galicia (2005), ademais da novela castelá Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca (1973) e o Teatro venatorio y coquinario gallego (1958). Polo liro andan o raxo, a ovella salpresa, as papas de centeo, o ovo escalfado, mais tamén “tapas de plumas fritas”, “revolto de ovos con caraveles”, “fuciño de elegante mechado” ou “sopa de neve con marzoa de pavo”. Da cociña que Cunqueiro coñecía da mariña lucense e de Mondoñedo, á fantasía de Sinbad. Bo proveito.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Miguel Mariño, Narrativa. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>