Pedro García Vidal. A cidade fortificada constituíu durante séculos en occidente o modelo urbano predominante. Unha poboación, por pequena que fose, se non aparecía defendida por un muro era considerada pouca cousa. A existencia dunha muralla era decisiva para elevar un lugar a rango de vila ou cidade, fronte aos que non a tiñan. Seguir lendo
Arquivo da categoría: Pedro García Vidal
Silencio, de Agustín Agra
Pedro García Vidal. Regresa Agustín Agra con este Silencio, libro de relatos publicado pola Editorial Galaxia, aos andeis das librerías, logo dunha paréntese de cinco anos. Pagou a pena a espera. Nun tempo onde predomina o balbordo, no que con frecuencia se confunde opinión con competencia, aparece este Silencio concibido como “un cadro puntillista”, en palabras do autor, no que oito, relatos engarzados como unha novela nos levan dende a competencia a interrogarnos sobre a nosa propia existencia. Poderiamos dicir que aínda que os protagonistas son xente da ciencia, non estamos ante un libro de ciencia nin de divulgación científica, senón ante un libro que trata da natureza humana. Seguir lendo
Cen anos do teatro Coliseo Noela
Pedro García Vidal. A onda renovadora que percorre o século XIX e primeiras décadas do XX ten tamén expresión nos espazos de ocio, pois así como xorde unha nova arquitectura doméstica ou se multiplican os espazos verdes, a nova sociedade burguesa precisa igualmente de novos lugares para o esparexemento e a vida social. Seguir lendo
130 anos dun edificio simbólico
Pedro García Vidal. Mediado o século XIX, Noia, ao igual que outras moitas cidades e vilas, enxergaba un novo tempo nunha profunda metamorfose. O cambio significaba o nacemento dunha nova vila fóra do abafante cinto murado que ata ese momento concentrara toda a actividade política e socioeconómica. Seguir lendo